-->

O GES estuda tecnicamente os edificios públicos para axilizar a súa resposta en caso de incidencias

 

O concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez Conde, informa que os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede en Padrón comezaron nas últimas semanas a visitar tódolos edificios públicos do municipio para estudalos e coñecelos "desde unha perspectiva técnica", coa finalidade de axilizar a súa resposta e mellorar a eficacia da súa intervención den caso dunha posible incidencia.

Nestas visitas de carácter preventivo, o persoal do GES avalia cada edificio público e elabora unha ficha informativa que recolle datos como a ubicación das acometidas de electricidade, agua e gas, as chaves de corte destes subministros, a conexión coa rede de saneamento, os accesos e as saídas de seguridade, etc.

"Con estas fichas, ás que só teñen acceso os efectivos do GES, preténdese e reducir ao máximo o tempo de resposta no caso de que se produza calquera incidencia nun edificio de titularidade pública, xa que o persoal de emerxencias disporá de información detallada sobre os puntos clave de intervención", indicou Ángel Rodríguez Conde.

Ata a data, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal xa visitou varios inmobles do municipio padronés, entre os que se atopan o colexio Rosalía de Castro e a escola unitaria de Cruces. Ademais, no Concello de Rois tamén se realizou unha primeira inspección no colexio de Os Dices, que se completará nos vindeiros días cunha nova visita para completar a recollida de datos.

O concelleiro de Emerxencias de Padrón avanza que estas visitas de carácter técnico realizaranse nos vindeiros meses a tódolos edificios públicos dos concellos de Padrón, Rois e Dodro "por ser o ámbito de actuación que ten asignado o GES en caso de emerxencias".

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…