Novas recentes
Poderá participar a rapazada de entre 6 e 15 anos // Practicarán distintos deportes e terán saídas á piscina, ao Aquapark de Cerceda e ao Galipark // As inscricións ábrense o luns 5 de xuño para persoas empadroadas // Custa 25 euros por quincena con desconto para irmáns // O Concello de Padrón organiza este verán un novo campus deportivo para rapazas e rapaces de entre 6 e 15 anos co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares. O campus, que se desenvolverá en dúas quincenas entre o 26 de xuño e o…
“O ano pasado foi Asnot quen cambiou a data para o sábado seguinte ao Santiaguiño e a carreira de burros, para ter máis días de festa”, aseguran as concelleiras de Cultura e Festexos || “Este ano volveron cambiar a data sen preguntarlle ao Concello e esixían exclusividade e que non se celebrara ningún outro festival esa fin de semana”, engaden || Só en facturas o Concello asumiu en 2022 un gasto de 10.000 euros, ao que hai que engadirlle todo o persoal que estivo colaborando con Asnot e a loxística que se lles facilitou || O Concello de…
O Concello de Padrón conmemorou hoxe o Día das Letras Galega cunha dobre actividade, deportiva e cultural. Unhas 120 persoas participaron no Día da Bicicleta, facendo un percorrido de 16 quilómetros polo municipio, mentres outro grupo descubría cos Quinquilláns algúns dos segredos da vida da poeta Rosalía de Castro. O Día da Bicicleta comezaba ás 10.00 horas cunha visita ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo das persoas que se inscribiron con antelación. Logo, no Espolón, mentres se completaba a inscrición das 120 persoas participantes, nenos e nenas amosaban as súas habilidades nunha xincana. O grupo tomaría a saída sobre…
O Concello de Padrón conmemorou hoxe o Día das Letras Galegas cunha actividades deportiva e cultural. Nesta última, Os Quinquilláns Teatro fixeron unha visita teatralizada polo casco histórico da vila chamada Camiño branco de Rosalía. Guiados polo pintor Modesto Brocos (Gabriel Penabade Outeiro), o único que a pintou en vida, a vintena de persoas participantes foron descubrindo algúns dos lugares frecuentados por Rosalía de Castro (Tero Rodríguez) e descubrindo algunhas anécdotas da vida da escritora. “Trátase dunha viaxe de Rosalía para descubrir o Padrón de hoxe e as súas xentes”, explicaron os actores. Unha viaxe que comezou en Fondo de Vila e rematou…
En total son catro propostas distintas, dúas a cargo dos Quinquilláns e as restantes protagonizadas por Suso Martínez || O Concello programa para o Día das Letras Galegas a primeira escenificación do ‘Camiño branco de Rosalía’, que terá outros catro pases entre xuño e outubro || Suso Martínez protagoniza catro sesións do ‘Chronicón iriense’, de xuño a setembro, e outros cinco de ‘A Traslatio’ en xullo, agosto e outubro || ‘Macías e Elvira. Tres camiño, tres destinos’ volve ao Xardín Botánico o 17 de xuño, o 28 de xullo e o 25 de agosto || Todas os pases comezan ás…
O xurado definiu o poemario como “un texto de fondo carácter unitario e ben estruturado que ofrece unha visión de Compostela na que o autor sabe incluír un eu esgazado” || Ao certame promovido polo Concello de Padrón presentáronse un total de 18 traballos || Francisco Javier Fernández Davila, escritor e enxeñeiro natural de Canido (Oia), é o gañador da novena edición do certame poético Rosalía de Castro promovido polo Concello de Padrón coa súa obra Konpostela. O xurado, reunido esta mañá no Concello, definiu o poemario gañador como un “texto de fondo carácter unitario e ben estruturado…
Padrón dispón de tres prazas na quenda que vai do 16 ao 21 de xullo || As solicitudes deberán presentarse no Concello ata o 7 de xuño || A Deputación da Coruña abre mañá, mércores 10 de maio e ata o 7 de xuño, o prazo para participar nos Campamentos Deportivos de Verán 2023, que se celebrarán nas instalacións do instituto Rosalía Mera, na Coruña. Están dirixidos a rapazada de nada entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014, é dicir, entre 9 e 14 anos cumpridos no presente ano. Ao Concello de Padrón…
A Coral Val do Sar presentou a súa nova directora, Iolanda Eiras || Jhonny Vergara lembrou a vida de Antonio Machín no seu espectáculo ‘Toda unha vida’ ||ç Como cada 6 de maio, o Concello de Padrón rendeu homenaxe ao seu patrón San Xoán do Raio. Os actos oficiais arrincaban coa tradicional procesión do santo dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago. A imaxe estivo acompañada durante o seu percorrido polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, membros da Corporación, veciñanza e o grupo de gaitas da Asociación Cultural San Pedro de Carcacía. Tras a misa, os actos trasladábanse ao…
A participación está aberta a todas as persoas maiores de 6 anos // A programación inclúe unha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo // Padrón celebrará o mércores 17 de maio, coincidindo coa festividade das Letras Galegas, o Día da Bicicleta 2023 cunha marcha de 15 quilómetros con xincana infantil nas que poderán participar todas aquelas persoas maiores de 6 anos que así o desexen (os menores de 11 anos, na compaña dunha persoa adulta). As inscricións realizaranse o mesmo día da proba nunha carpa que se habilitará no Paseo do Espolón, punto de saída e meta,…
O libro, escrito polo antigo conservador do xardín, aborda a historia, cultura, arte, natureza, vida e funcionalidade deste espazo histórico dende unha óptica interdisciplinar ao servizo da ciencia e da sociedade || Editado polo Concello de Padrón, contribúe a poñer en valor un dos símbolos máis sobranceiros con máis de século e medio de vida || Rodríguez Dacal: “Ser o artífice e responsable de ‘Xardín Botánico-Artístico de Padrón’ éncheme de orgullo e de satisfacción” || Asistiron á presentación as concelleiras de Cultura, Lorena Couso, e a de Participación Cidadá, Carmina Bustelo || O auditorio municipal de Padrón acolleu esta tarde…