-->

Padrón recibe a técnicos de xuventude, emprego e políticos europeos do Programa Erasmus +

 

Unha delegación formada por unha vintena de técnicos de xuventude, emprego, responsables políticos e líderes xuvenís de seis países europeos (Bulgaria, Portugal, Italia, Francia, Grecia e España) atópase de visita esta semana en Galicia, dentro do Programa Erasmus + K1 Proxecto Combinado.

Esta iniciativa, que leva por título "Economía Circular: métodos de traballo sostibles para o futuro", ten como finalidade estudar e dar a coñecer as boas e malas prácticas no campo da economía circular en Galicia.

Desta expedición, que foi recibida onte no consitorio polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e polos concelleiros de Turismo, Lorena Couso, e Festexos, Ángel Rodríguez, porman parte os partners do proxecto procedentes de Pavlikeni (Bulgaria), Buarcos (Portugal), Forza D´Agró (Italia), Lisses y Avignon (Francia), Tesalónica (Grecia) e España.

Ademais de aproveitar a súa estancia en Galicia ata o domingo para visitar localidades e cidades como Padrón, Santiago, A Coruña ou Noia, o grupo está a aproveitar a viaxe para visitar empresas como Sogama, ademais do Parlamento de Galicia ou a Casa Museo Rosalía de Castro, entre outros lugares.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. More details…