Novas recentes

  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e os seus homólogos de Rois e Dodro, Ramón Tojo e Valentín Alfonsín, acompañaron esta mañá ao director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, na visita á base da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón (AVPC) e do Grupo de Emerxencias Municipal (GES), que no último ano realizou un total de 1.302 intervencións. Desta cantidade de servizos, un total de 817 realizáronse no Concello de Padrón, 314 en Rois e 159 en Dodro, repartíndose os demais en saídas puntuais a municipios como Pontecesures, Teo, Boiro, Rianxo, Lousame e Negreira.…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, acompañaron esta tarde ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, na visita realizada á Casa-Museo de Rosalía de Castro para supervisar as obras de rehabilitación nas que o departamento autonómico está a investir 120.000 euros.  Estes traballos, que comezaron a executarse a mediados de novembro froito dun convenio asinado co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, inclúen a rehabilitación xeral da envolvente completa dos edificios anexos na traseira da casa. Concretamente, consisten no reacondicionamento da envolvente exterior, incluídas as cubertas…
  O escritor pacense Miguel Ángel Carmona del Barco (Badajoz, 1979) foi elixido hoxe gañador do XXVIII Concurso de Narrativa Camilo José Cela convocado polo Concello de Padrón polo seu relato "Sin Cicerone", presentado baixo o lema "Mandelbrot". Tal e como recollen as bases do certame, o autor estremeño recibirá como gañador 1.500 euros en metálico e unha estatuiña de Camilo José Cela. Despois de varias valoracións e votacións por parte do xurado, que se reuniu este mediodía no salón de plenos do consistorio padronés, o relato de Miguel Ángel Carmona del Barco foi elixido gañador "por maioría" tras avaliar…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez Conde, recolleron hoxe en Riveira un equipo de excarceración para ser utilizado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) que dá servizo tamén aos concellos de Dodro e Rois. Á entrega deste equipamento de emerxencias asistiron por parte da Xunta de Galicia o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o delegado territorial na provincia da Coruña, Ovidio Fernández Rodeiro, que tamén aportaron remolques de emerxencias e outro material a outros oito concellos da provincia. O equipo de excarceración recibido polo Concello de Padrón…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, o director de Filatelia de Correos, Modesto Fraguas Herrera, e a subdirectora da Fundación Camilo José Cela, Covadonga Rodríguez, presentaron hoxe no Auditorio Municipal un selo adicado á lembranza do centenario do nacemento (1916 - 2016) do Premio Nobel padronés. Na súa intervención, o rexedor local agradeceulle a Correos a emisión deste selo centrado en Camilo José Cela porque contribúe a "ensalzar e proxectar aínda máis o recordo dun escritor irrepetible e os seus vínculos con esta terra". Na súa opinión, esta acción "axudará tamén a que a xente se achegue ata…
  Con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, os concellos de Padrón, Rois e Dodro unimos a nosa voz, en representación de toda a cidadanía, para amosar unha vez máis a nosa repulsa por todas e cada unha das manifestacións da violencia machista. A pesares dos avances acadados entre todos nesta loita común, na sociedade actual aínda se seguen a vulnerar todos os días os dereitos fundamentais das mulleres, non só cos covardes asasinatos que vemos a cotío nos medios de comunicación senón tamén a través doutros moitos detalles de menor impacto que,…
  A concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, anuncia que técnicos do Departamento de Turismo participarán no II Fórum do Camiño de Santiago "Fairway", que se celebra desde mañá ata o martes no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, para promocionar o Camiño Santiago-Padrón. A copla popular "Quen vai a Santiago e non vai a Padrón, ou fai romaría ou non" é un dos lemas empregados por Turismo de Padrón nos novos folletos promocionais deste itinerario que pretende reforzar o protagonismo da capital do Sar como "berce do Xacobeo". Este material promocional lembra que desde a Idade Media…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, anunciou hoxe nun acto organizado na Casa dos Capeláns con motivo da finalización das obras de rehabilitación que o uso deste inmoble que forma parte do conxunto histórico da Colexiata de Iria Flavia será "cultural e turístico" e avanzou a súa intención de implicar á Consellería de Cultura para dotalo de contido. Fernández Angueira puxo a restauración da Casa dos Capeláns como "exemplo dunha xestión política transversal ao longo do tempo e dunha fructífera colaboración entre entidades e institucións públicas". Por unha banda, o Arcebispado de Santiago contribuíu a facer posible a…
  O Concello de Padrón estreou esta mañá a renovación da súa páxina web, www.padron.gal, coa finalidade de convertela nunha ferramenta "máis atractiva desde o punto de vista estético", pero, sobre todo, "para que sexa máis operativa e funcional para os cidadáns deste concello e para os milleiros de persoas que nos visitan cada ano". Segundo indicou o rexedor local, Antonio Fernández Angueira, a mellora da presenza do Concello de Padrón na Rede "era unha das eivas que arrastrabamos desde hai tempo e que a partires de hoxe queda solucionada". Neste senso, destacou que a nova páxina web, que se…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o presidente da Asociación Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal), Ángel Faílde Trabada, asinaron onte un convenio de colaboración para potenciar o desenvolvemento do programa de envellecemento activo "Aulas Senior" no curso 2017/2018. En virtude do acordo subscrito, o Concello de Padrón aportará 3.000 euros para facer posible a celebración das diferentes actividades programadas por Ategal, que se levarán a cabo ata maio de 2018. Estas "Aulas Senior" de Padrón, que cumprirán 25 anos o vindeiro curso, son un referente no eido do envellecemento activo para toda Galicia, posto que…
Páxina 59 de 61

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…