Novas recentes

  A Concellaría de Obras de Padrón vén de rematar os traballos de acondicionamento dunha nova área de aparcamento gratuíto na zona do Bordel, xusto a carón do río Sar e moi preto da nova pasarela peonil, cunha capacidade para máis de 400 coches. As obras realizadas nesta zona, que comprende unha superficie aproximada de 8.715 metros cadrados, consistiron fundamentalmente na eliminación da maleza, a nivelación e compactación do terreo e na dotación dunha capa de zahorra. Esta nova superficie de aparcamento gratuíto completa ás xa existentes na propia zona do Bordel, no Campo da Barca, no Campo do Souto…
  A Concellaría de Deportes de Padrón anuncia que a décimo sétima edición da Carreira Popular "Padrón 10K" celebrarase o sábado 23 de febreiro e os participantes interesados en inscribirse poderán facelo a partires das 12.00 horas de hoxe na páxina web www.emesports.es. Esta proba, que na última edición contou coa participación de máis de 1.000 corredores entre tódalas categorías -desde pitufos ata máster-, incorpora este ano a novidade de que o Campionato Provincial da Coruña de 10 quilómetros en ruta disputarase ao mesmo tempo que a carreira popular. Debido a isto, o control da proba correrá a cargo do…
  O Salón de Plenos do consistorio de Padrón acollerá mañá ás 12.00 horas o sorteo público das catro prazas asignadas pola Deputación Provincial da Coruña para participar no programa "Campaña de Inverno 2019", concretamente na quinta quenda, que comprende do 22 de febreiro de 2019 ao 25 de febreiro de 2019. A celebración deste sorteo é precisa debido a que antes de rematar o prazo de inscrición xa se presentaron máis solicitudes que prazas ofertadas pola Deputación Provincial da Coruña, polo que a adxudicación realizarase mediante sorteo. Anuncio de convocatoria do sorteo (Ver PDF).
  O Concello de Padrón encende hoxe ás 20.00 horas o alumeado de Nadal nas rúas da vila e comeza a desenvolver un programa de dinamización destas festas que inclúe unha vintena de actividades entre actuacións musicais, obras de teatro, competicións deportivas, xogos infantís, actividades relacionadas co consumo, accións culturais e iniciativas de promoción da igualdade, ademais da tradicional conmemoración da Traslatio o día 30 de decembro. Nesta dinamización do Nadal por parte do concello implícanse as concellarías de Cultura, Turismo e Festexos e tamén a Oficina Municipal de Voluntariado (OMV). Concretamente, no caso da OMV o domingo 16 celebrará…
  O xurado do XXIX Premio Literario Camilo José Cela acordou hoxe na reunión celebrada no salón de plenos do consistorio padronés outorgar o galardón deste concurso de narrativa ao autor leonés Miguel Paz Cabanas polo relato titulado "Algunas canciones solo suenan al oscurecer", centrado nos límites da cordura. O premio está dotado cunha achega económica de 1.500 euros e cunha estatuiña do Nobel padronés. O xurado valorou do texto gañador "o tratamento innovador dun tema clásico que ten o seu soporte na ambigüidade e na riqueza léxica empregada polo autor". Ademais, destacou que "a estrutura do conto apóiase na…
  O alcade de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (APSSC), José Antonio Pais Freire, asinaron esta tarde un convenio de colaboración entre ambas entidades coa finalidade de favorecer a integración social das persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva. Os asinantes puxeron de manifesto que a comunidade de xordos en Padrón é de alomenos 16 persoas, unha cifra que se incrementa ao contabilizar aquelas que residen na contorna ou que acoden a miúdo á vila padronesa a realizar xestións ou utilizar distintos servizos públicos e privados. Por este motivo,…
  O alcade de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e os demais concelleiros do goberno local iniciarán este venres 9 de novembro unha rolda de oito reunións nas parroquias do rural para abordar diferentes asuntos de interese coa veciñanza de cada zona. O primeiro encontro está previsto este venres, a partires das 20.30 horas, no local social de Pazos. Segundo indicou o rexedor local, con estas oito reunións programadas ao longo do mes de novembro preténdese darlle continuidade á "experiencia positiva e enriquecedora" iniciada o ano pasado de achegarse a cada parroquia do rural para abordar "in situ" as necesidades e…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o presidente das Aulas Senior de Galicia (Ategal), Ángel Fagilde Trabada, asinaron en días pasados a renovación do convenio de colaboración en virtude do cal o goberno padronés concédelle a Ategal unha nova achega económica de 3.000 euros e mantén a cesión das instalacións onde desenvolve a súa actividade. As Aulas Senior de Galicia en Padrón traballan no Centro Social municipal desde hai case 25 anos en colaboración co concello, que ademais de ceder as instalacións e conceder unha axuda económica, tamén aporta funcionariado para algunhas das actividades e cursos que…
  Representantes das concellarías e dos departamentos municipais de Turismo de Padrón, Ames e Brión mantiveron onte unha reunión de traballo no Centro Social padronés para abordar a estratexia de colaboración a seguir para potenciar os atractivos e a proxección da Ruta Rosaliana coa finalidade de captar novos fluxos turísticos. Á espera de que o Concello de Santiago poida sumarse tamén a esta nova fase de potenciación da Ruta Rosaliana, os representantes municipais de Padrón, Ames e Brión acordaron acollerse a liñas de subvencións para solicitar achegas que permitan incrementar a sinalización dos diferentes lugares que percorre dita ruta. Ademais,…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso Dopazo, entregáronlle no serán de onte o XVII Premio de Interpretación Teatral "Maruxa Villanueva" ao titiriteiro e actor redondelano Eduardo Alberto Rodríguez Cunha, máis coñecido artisticamente como Tatán. Cómpre lembrar que é a primeira vez que un titiriteiro recibe este premio, que foi creado en 2001 polo Concello de Padrón para potenciar e recoñecer o labor das persoas vinculadas ás artes escénicas e para homenaxear a figura de Maruxa Villanueva, gardesa da casa de Rosalía de Castro durante moito tempo. Nesta edición, o xurado que…
Páxina 54 de 61

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…