-->

A primeira promoción de alumnos da Escola de Idiomas de Padrón recibe os certificados oficiais

 

A Escola de Idiomas de Padrón impulsada desde a Concellaría de Cultura e a academia Get Brit comeza a dar os seus froitos, posto que os 12 alumnos da primeira promoción que realizaron as probas oficiais no pasado mes de xuño recibiron hoxe os correspondentes certificados oficiais de Cambridge English.

Nun acto celebrado no salón de plenos do consistorio, Antonio Fernández Angueira cualificou como "un gran acerto" o acordo selado con Get Brit para poñer en marcha a Escola de Idiomas de Padrón e salientou "o esforzo e a dedicación" dos alumnos durante todo o curso, felicitándoos polo seu nivel de inglés, xa que as probas do nivel B1 finalizaron co 100% de aprobados.

Pola súa parte, o representante de Get Brit, José Vázquez, resaltou que o método da súa empresa "facilita que os alumnos aprendan a comunicarse noutros idiomas e que, ademais, poidan certificar o seu nivel de maneira oficial, cubrindo as necesidades que poidan ter no eido profesional, persoal e educativo". Por iso, animou a tódolos padroneses a que, con independencia do seu nivel de idiomas e da súa idade, se inscriban xa  nas clases do novo curso, que comezarán o vindeiro 1 de outubro.

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, lembra que na Escola de Idiomas de Padrón os alumnos adquiren, xa desde a infancia, habilidades orais (speaking and listening) a través de xogos, actividades lúdicas e moita conversa, xa que Get Brit! planifica as súas clases baixo a premisa de que aprender idiomas non ten que ser aburrido. Ademais, os alumnos tamén traballan ao longo do curso as competencias escritas (writing and reading).

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…