-->

A reparación do dique da canle do río Sar curtará tres semanas un treito da travesía de Iria

 

As tarefas de mantemento e reparación que Augas de Galicia comezará a realizar o vindeiro luns no dique da canle do río Sar obrigarán a curtar durante tres semanas un treito da travesía de Iria -pista este da canle-. Así llo confirmaron técnicos de Augas de Galicia ao rexedor local, Antonio Fernández Angueira, e ao concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, durante a visita realizada a varias zonas nas que o goberno local agarda a intervención do organismo autonómico.

Entre os puntos visitados atópanse os regatos de Abelendas, en Iria, e de Cambelas, en Pazos, nos que, en resposta ás solicitudes do concello, Augas de Galicia acometerá proximamente tarefas de limpeza e acondicionamento para evitar posibles inundacións e desbordamentos.

Xunto coa concelleira de Cultura, Lorena Couso, tamén supervisaron en Iria Flavia o comezo dos traballos de humanización da praza situada fronte á Fundación Pública Galega Camilo José Cela, que pasará a ser completamente peonil ao restrinxirse o estacionamento de vehículos.

Por outra banda, tamén visitaron o lugar de Lamas para controlar a instalación dunha nova marquesiña, da que poderán beneficiarse tanto os usuarios do transporte escolar como o resto de residentes na zona. Segundo avanzou José Ramón Pardo, tamén está prevista a instalación doutra marquesiña na Ponte.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…