-->

O GES de Padrón recibe da Axega dous traxes especiais para combater as vespas velutinas

 

O concelleiro de Emerxencias de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, fíxolle entrega ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de dous traxes de protección individual (EPIS) aportados pola Axencia Galega de Emerxencias (Axega) ao Concello de Padrón para loitar contra as vespas velutinas.

Este equipamento foi concedido pola Axega en virtude dun convenio de colaboración asinado a finais de setembro polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, co vicepresidente da Axega, Luis Menor. Ángel Rodríguez Conde salienta que "esta dotación de equipamento de protección mellora as condicións de traballo dos efectivos do GES", que no que vai de ano levan retirados un total de 285 niños de vespa velutina.

Ao respecto, o concelleiro de Emerxencias precisa que "debido ao elevadísimo número de alertas pola aparición de niños, actualmente o tempo media de espera para que o GES proceda á eliminación atópase en tres semanas, se ben a aqueles casos de máximo risco para as persoas dáselle prioridade absoluta e a resposta é practicamente inmediata".

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…