-->

Padrón exalta a lamprea cunha nova edición das súa xornadas gastronómicas

  • Os establecementos Casa Farrucán, Restaurante O Secreto, O Santiaguiño e Chef Rivera ofrecerán menús especiais elaborados para a ocasión

  • A programación inclúe unha charla sobre a lamprea como organismo ancestral, un roteiro polo río e unha sesión inmersiva en Bandín que inclúe un paseo e a creación de pezas con arxila

 

Padrón acolle a undécima edición das Xornadas Gastronómicas da lamprea que se desenvolverán os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de marzo. Durante este período, prevese unha programación que combinará divulgación, natureza e gastronomía en torno a este prezado produto.

Os establecementos colaboradores ofrecerán menús especiais elaborados para a ocasión. Nesta edición, está prevista a participación dos restaurantes Casa Farrucán, Restaurante O Secreto, O Santiaguiño e Chef Rivera.

Ademais da oferta gastronómica, o programa incluirá diversas actividades dirixidas a diferentes públicos. Debido aos cambios de data por mor das adversas condicións meteorolóxias, a primeira proposta adiaouse ao venres 28 de marzo, ás 20:00 horas. O Restaurante Chef Rivera acollerá a charla Cultura científica con Juan Pérez Fernández, investigador de neurociencia da Universidade de Vigo. A sesión incluirá un coloquio informal de divulgación científica no que se abordará a importancia da lamprea como organismo ancestral, as súa peculiaridades biolóxicas e a súa relevancia no ámbito da investigación científica. A actividade está orientada a un público adulto.

O sábado 29 de marzo haberá dobre cita. Así, a partir das 11:00 horas, será a quenda da Experiencia inmersiva en Bandín, Carcacía, que combinará contacto coa natureza e expresión artística. Trátase dunha proposta destinada ao público familiar que inclúe un paseo na compaña dun membro da Asociación Cultural Nosa Sra. da Mercé de Bandín que contará historias sobre o lugar e a lamprea do Ulla, así como a creación de figuras con arxila e auga da fonte Santa. A experiencia estará acompañada con música e sons acordes á actividade e ao lugar.

Ás 16:30 horas levarase a cabo a iniciativa Lamprea a pé de río, unha visita didáctica que permitirá coñecer de preto a bioloxía da lamprea, a súa importancia histórica e o seu ecosistema. A iniciativa busca fomentar a conexión co medio rural e poñer en valor este recurso gastronómico e cultural de Padrón. A proposta está dirixida a un público familiar.

As prazas para estas actividades son limitadas, polo que será necesaria inscrición previa a partir do martes 11 de marzo a través da web www.padronturismo.gal/inscricions.

As Xornadas Gastronómicas son un evento de referencia na exaltación deste produto tradicional. Ademais da gastronomía, ofrecen un compendio de propostas culturais, divulgativas e de lecer que atraen visitantes de todas as idades, contribuíndo a fortalecer a imaxe de Padrón como destino destacado para a degustación desta especialidade culinaria.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…