-->

O alcalde e o conselleiro de Cultura visitan a Casa-Museo de Rosalía de Castro, na que a Xunta está a investir 120.000 euros

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, acompañaron esta tarde ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, na visita realizada á Casa-Museo de Rosalía de Castro para supervisar as obras de rehabilitación nas que o departamento autonómico está a investir 120.000 euros. 

Estes traballos, que comezaron a executarse a mediados de novembro froito dun convenio asinado co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, inclúen a rehabilitación xeral da envolvente completa dos edificios anexos na traseira da casa. Concretamente, consisten no reacondicionamento da envolvente exterior, incluídas as cubertas e a carpintaría exterior, os canalóns e as baixantes do corpo de aseos, oficinas, arquivo, antiga Casa Maruxa Villanueva e do edificio do auditorio. Ademais, acometerase a reforma do andar baixo da antiga Casa Maruxa Villanueva para dar acubillo ás novas oficinas da Fundación Rosalía e a rehabilitación integral dos antigos aseos abandonados, como aseos accesibles para persoas con mobilidade reducida.

Xunto cos representantes municipais, os da Fundación Rosalía e o conselleiro de Cultura, tamén participaron na visita o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o secretario xeral técnico desta consellería, Jesús Oitavén, e o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, ademais dos responsables da empresa que realiza as obras, que avanzaron que estarán rematadas antes do vindeiro 24 de febreiro.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…