-->

O alcalde anuncia que a Casa dos Capeláns terá un uso "cultural e turístico"

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, anunciou hoxe nun acto organizado na Casa dos Capeláns con motivo da finalización das obras de rehabilitación que o uso deste inmoble que forma parte do conxunto histórico da Colexiata de Iria Flavia será "cultural e turístico" e avanzou a súa intención de implicar á Consellería de Cultura para dotalo de contido.

Fernández Angueira puxo a restauración da Casa dos Capeláns como "exemplo dunha xestión política transversal ao longo do tempo e dunha fructífera colaboración entre entidades e institucións públicas". Por unha banda, o Arcebispado de Santiago contribuíu a facer posible a restauración mediante a cesión do inmoble a favor do Concello de Padrón, mentres que o Goberno central aportou -a través do 1,5% Cultural reservado para os municipios polos que pasa o AVE- o 75% dos preto de 450.000 euros investidos e a Deputación Provincial da Coruña, o 25% restante.

Xunto a Fernández Angueira e outros membros da Corporación Municipal, tamén estiveron presentes na visita o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; o vicario do arcebispado de Santiago, José Antonio Seoane Ares; o vicepresidente 1º da Mesa do Parlamento e ex presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; e representantes de Construcións Iglesias Mera, que foi a empresa que acometeu os traballos.

Invitación ao presidente do Goberno

O alcalde padronés aproveitou a presenza de Santiago Villanueva para pedirlle que lle reitere ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a invitación para realizar unha visita institucional a Padrón. Segundo apuntou, dita visita xa estaba programada para o pasado verán, pero tivo que ser suspendida a última hora por mor dos atentados de Barcelona.

Por outra parte, Fernández Angueira e Santiago Villanueva confirmaron ter realizado xestións nos últimos meses para que o Goberno central se implique "dentro da limitacións orzamentarias, pero máis pronto que tarde" na mellora da estrada N-550 na entrada a Padrón.

Ao remate do evento, desde a Concellería de Cultura confirmaron que veñen de programar unha xornada de portas abertas para o vindeiro sábado 18 de novembro coa finalidade de que todos os padroneses poidan visitar a Casa dos Capeláns e comprobar o resultado dos traballos de rehabilitación.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…