-->

Padrón abre cun raid cabalar as Festas da Pascua, que pregoará Cristina Castaño o sábado 31

 

A celebración do XXXI Raid Cabalar de Padrón no Santiaguiño do Monte, que contou con 37 participantes, abriu esta mañá as Festas da Pascua de Padrón, que este ano terán como pregoeira o vindeiro sábado 31 de marzo, ás 21.00 horas na Praza de Macías, á actriz Cristina Castaño, moi vinculada familiarmente a este municipio.

A programación configurada desde o Concello inclúe ata o vindeiro 14 de abril preto dun cento de actividades musicais, culturais, deportivas e lúdicas, ademais dos preto de 400 postos de venda e atraccións infantís que xa ocupan varias zonas da vila padronesa. Xunto coa instalación de máis de 300 postos de venda e atraccións infantís, entre todas as actividades, destaca a tradicional Feira Cabalar, que se celebrará o día 1 de abril, domingo de Pascua, no Campo da Barca e que repartirá máis de 2.000 euros en premios nos diferentes concursos morfolóxicos.

No apartado musical, ademais das actuacións dunha decea de orquestras e do X Festival de Bandas de Música Capital do Sar, a Concellería de Festexos apostou este ano por dar cabida a novos estilos musicais cos seguintes espectáculos: o Festival PopTour Padrón 18 o sábado 31, con Miguel Costas (Siniestro Total), Santi Sánchez e amigos (ex de Los Inhumanos), Carmelo López (El Norte) e Juanra (Guaraná); o concerto do grupo heavy-rock Astarot o luns 2 de abril; e o concerto do grupo Eladio y Los Seres Queridos e a música electrónica da Noite Dj Indie o venres 6 de abril.

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, aproveitou para "invitar a todos os galegos e galegas a que nas vindeiras semanas se acheguen ata Padrón para gozar dunha festa cuxas orixes datan, como mínimo, de comezos do século XVII". "Para Padrón a Pascua non só é unha festa cunha tradición centenaria, senón que tamén é un gran motor económico e social que cada ano atrae a máis visitantes e, por iso, ao remate desta edición presentaremos na Xunta de Galicia a solicitude para que sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia", apuntou.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. More details…