O Concello de Padrón presenta a oferta de actividades nas escolas deportivas municipais para o curso 2021/20202, que terá lugar do 27 de setembro ao 21 de xuño. Podes consultala aquí. A matrícula abrirase o vindeiro luns 13 de setembro, para persoas empadroadas en Padrón, e o 20 de setembro, para o público en xeral. Unha matrícula que poderá formalizarse na oficina de deportes do Centro Social do Concello de Padrón, no teléfono 664 07 69 74 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
As escolas deportivas inclúen na súa oferta: motricidade, ximnasia rítmica, baby basket, fútbol sala, baloncesto, atletismo, tenis, xadrez e patinaxe artística. As persoas maiores de 14 anos poderán elixir actividades como cardiofit, cardio-mix, fit bike, hipopresivos, pilates, tenis, tono, ximnasia de mantemento, espalda saudable, ioga-relaxación, xogos populares, camiñatas e GAP. Moitas destas actividades, teñen distintos niveis de dificultade e esforzo.
En relación ás cotas para o curso 2021/22: os escolares de 3 a 16 anos aboarán 40 euros; a mocidade de 17 a 25, 50 euros; e as persoas adultas (de 26 ou máis) pagarán 60 euros. Unha vez realizado o pago da matrícula, pódese asistir a varias actividades. A anotación realizarase por rigorosa orde de inscrición.