Novas recentes
O Concello de Padrón vén de finalizar a elaboración do Plan de Acción de Turismo 2017/2022, que recolle as estratexias xerais e as liñas de traballo concretas a seguir para "reforzar o sector do turismo como un eixo estratéxico da economía local". Así o comunicou hoxe a concelleira de Turismo, Lorena Couso, que salientou que "moi poucos concellos de características poboacionais semellantes a Padrón dispoñen dunha folla de ruta tan traballada e minuciosa para avanzar na planificación turística a medio prazo". Lorena Couso destaca que o proceso de elaboración do plan caracterizouse por ser "moi participativo", xa que incorpora…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Turismo, Lorena Couso, recibiron esta mañá no salón de plenos do consistorio a máis de 120 expedicionarios da Ruta Quetzal que están a gozar dunha estancia de tres días en Galicia e que aproveitaron a ocasión para realizar unha visita guiada por Padrón e para coñecer a Casa-Museo de Rosalía de Castro. Este numeroso grupo, formado por participantes dalgunha das viaxes organizadas pola Ruta Quetzal, está coordinado por Íñigo De la Cuadra Salcedo, fillo do promotor deste coñecido programa de formación e aventura, Miguel de la Cuadra Salcedo,…
O Concello de Padrón impulsa a recollida selectiva de lixo coa incorporación de 140 novos colectores
O concelleiro de Servizos Básicos de Padrón, Javier Guillán, anunciou hoxe que ao longo das vindeiras semanas mellorarase substancialmente a recollida selectiva de lixo coa colocación de 140 novos colectores: 20 para papel e cartón, 20 para vidro e arredor dun cento para a denominada bolsa amarela (plásticos, briks e envases metálicos). Javier Guillán sinala que, con este "importante incremento" do número de colectores destinados á recollida selectiva, o goberno local pretende "darlles a todos os padroneses maiores facilidades para que poidan implicarse e colaborar aínda máis na xestión selectiva dos residuos". "É preciso seguir mellorando os resultados da…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, vén de anunciar o comezo inminente das obras de mellora da rúa Bordel e da Praza da Leña, que suporán un investimento conxunto de 113.000 euros e que serán acometidas polas empresas Construcciones D. Ogando e Construcciones Iglesias Mera, respectivamente. Tras asinarse onte as correspondentes actas de repranteo, o alcalde indicou que as empresas adxudicatarias teñen previsto iniciar os traballos nos vindeiros días e precisou que en ambos casos o prazo de execución ofertado polas dúas construtoras é de tres meses. No caso da rúa Bordel, os traballos consistirán na súa humanización…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Turismo, Lorena Couso, presentaron hoxe a sétima edición das xornadas gastronómicas #SaboreaPadrón, que se desenvolverán os días 6, 7, 8, 12, 13, 14 e 15 de outubro e que contarán coa participación de 11 establecementos hostaleiros ofrecendo petiscos a 2 euros. Nesta ocasión a temática na que se centrará a preparación dos petiscos é o Camiño de Santiago, "como recoñecemento á relevancia que ten o Camiño para Padrón como berce do fenómeno Xacobeo", segundo explicou a concelleira de Turismo. Concretamente, os 11 locais participantes e os petiscos que…
O Concello de Padrón vén de confirmar a concesión de 49.700 euros á Banda de Música e á Escola de Música municais para o mantemento e financiamento das súas actividades, segundo o compromiso realizado polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, nunha xuntanza mantida co presidente, a tesoureira e o director desta formación para programar e preparar o vindeiro curso formativo e de concertos correspondente coa tempada 2017-2018. Os representantes municipais explicaron que o Concello aportará directamente, de fondos propios, unha partida de 30.000 euros como retribución polas actuacións desenvolvidas ao longo…
A trixésimo novena edición da Festa do Pemento de Herbón convertiuse hoxe na "máis exitosa" da súa historia recente ao congregar na contorna do convento franciscano a preto de 5.000 persoas que deron conta en pouco máis de hora e media de 800 quilogramos de pementos fritidos repartidos nunhas 3.500 racións. Tras unha misa campestre na carballeira do convento, a xornada festiva arrancou ás 11.30 horas coa tradicional procesión agrícola motorizada ata Padrón, na que participaron 26 tractores debidamente engalanados para a ocasión. Xa no centro da vila, a comitiva motorizada realizou unha ofrenda diante da estatua da pementeira…
A parroquia padronesa de Herbón ultima estes días os preparativos para ofrecer o vindeiro sábado na carballeira do convento de Herbón máis de 2.000 racións de pementos no marco da XXXIX Festa do Pemento, que se celebra desde 1978 e que conta coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2001. Así o anunciou o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, durante un acto promocional realizado este mediodía na Praza do Obradoiro no que estivo arroupado polo seu homólogo compostelán, Martiño Noriega. Ambos alcaldes achegáronse ata unha "foodtruck" que ofreceu degustacións gratuítas aos turistas e…
As rúas de Padrón convertéronse na xornada de hoxe nun fervedoiro de xente debido á chegada dun grupo de preto de 1.200 peregrinos pertencentes a Acción Católica General (ACG), que teñen previsto pernoctar en múltiples puntos da vila padronesa. Estes peregrinos seguen o Camiño Portugués e, tras celebrar esta tarde algunha actividade no Espolón e despois de pernoctar en Padrón, dirixiranse mañá cara Santiago de Compostela, onde teñen previsto celebrar a III Asemblea Nacional de ACG entre os días 3 e 6 de agosto. Desde a Concellería de Turismo lémbrase que os contactos desde o concello para que este…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, asinou esta mañá un convenio coas representantes da axencia Galicia es +, María Luisa Ferreiro e Minia del Río, en virtude do cal ambas entidades colaborarán na promoción de Padrón como destino turístico e na creación de produtos e paquetes específicos que permitan atraer máis visitantes. En virtude deste convenio, Galicia es +, como operador especializado na xestión do territorio para un uso turístico, comprométese a promocionar Padrón como destino turístico e a comercializar durante todo o ano produtos que inclúan ou transcorran por este termo municipal: excursións, escapadas, paradas, tours, itinerarios,…