-->

Douscentos ciclistas de 25 equipos tomarán parte este sábado 7 de agosto na 59 edición da Clásica de Pascua-Ruta Xacobea 2021

Douscentos ciclistas de 25 equipos tomarán parte na 59 edición da Clásica de Pascua-Ruta Xacobea 2021, que terá lugar este sábado 7 de agosto. Unha proba con inicio e chegada na avenida de Compostela de Padrón e que percorrerá un total de 145 quilómetros polos municipios de Padrón, Dodro, Rianxo, Teo, Santiago, Ames, Brión e Rois.

A carreira, organizada polo Club Ciclista Padrones-Aluminios Cortizo, foi presentada esta tarde no auditorio municipal de Padrón nun acto que contou coa presenza do alcalde, Antonio Fernández; a concelleira de Deportes, Lorena Couso; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o presidente do club organizador, Estanislao Vázquez. Antonio Fernández Angueira destacou que “o ciclismo é un deporte que goza dunha gran tradición no noso concello”, así como a presenza de competidores de gran nivel “cuxos logros son os que sitúan a Padrón no mapa do ciclismo”.

A proba, inscrita no calendario da Real Federación Española de Ciclismo, está aberta a equipos das categorías Elite e Sub23 e atribúe puntos aos 40 primeiros clasificados na proba para a clasificación Xeral Individual e aos 15 primeiros equipos para a clasificación por equipos.

Desenvolvemento da proba

A saída da proba terá lugar ás 10:00 horas do sábado 7 de agosto da avenida de Compostela (Padrón) sentido Rianxo, a onde chegarán sobre as 10:30 horas. Tras pasar polos altos de Bexo e de Palleiro, o pelotón pasará por Dodro ás 10:50 horas para volver a cruzar pola Fonte do Carme de Padrón a iso das 11:00 horas para o primeiro avituallamento.

Tras pasar polo Alto da Grela/Lampai, os ciclistas pasarán por Teo e o Milladoiro antes das 11:30 horas, antes de enfilar cara Santiago de Compostela, onde pasarán pola Ponte da Rocha e o Campus Universitario para coller a estrada de Noia cara Bertamiráns (Ames), a onde chegarán sobre as 11:50 horas. Seguindo esta estrada entrarán en Brión, cruzando Os Ánxeles e tomando a estrada Picaraña-Padrón, pasando por Bastavales ao mediodía.

Tras pasar a rotonda do Hotel Scala, o pelotón xirará cara Rois e volverá a iso das 12:35 ás rúas de Padrón e do polígono de Pazos. Tras superar o alto da Pereira, aiso das 13:20 horas, o pelotón volverá ás rúas de Padrón, estando prevista a súa chegada a meta entre as 13:37 e as 13:55 horas.

Restricións de tráfico

O Concello de Padrón informa de que, con motivo da celebración da LIX Clásica de Pascua-Ruta Xacobea estará prohibido estacionar desde as 22:00 horas do venres 6 de agosto ata as 16:00 horas do sábado 7 de agosto na avenida de Compostela, desde a oficina do Banco Santander ata a rúa Enlace Parque. Tamén estará prohibido circular pola avenida de Compostela entre as 8:00 e as 16:00 horas do sábado 7 de agosto. Así mesmo, haberá cortes puntuais de circulación do tráfico naquelas zonas polas que pasen os ciclistas.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…