-->

O Concello de Padrón porá en marcha un proxecto educativo para promover hábitos de nutrición saudable nos colexios e favorecer o consumo no comercio local

O Concello de Padrón traballa para poñer en marcha en setembro unha serie de actividades e estratexias nutricionais que serán realizadas nos colexios do municipio durante o curso 2021-2022. “Todas estas actividades constarán dunha parte na que os nenos e nenas do CEIP Flavia e do CEIP Rosalía de Castro terán que responder a preguntas sobre hábitos de nutrición saudables mediante xogos, adiviñas, encrucillados... Os acertos serán premiados con vales de desconto que poderán canxear nos comercios de Padrón que se sumen ao proxecto”, explica Lorena Couso, concelleira de Cultura.

O programa, denominado “Sana el Hoy”, buscará fomentar unha alimentación saudable entre o alumnado padronés, poñendo en valor o produto local e corrixindo a tendencia ascendente cara a obesidade a través da promoción do consumo de froitas e verduras e a diminución do consumo de bebidas azucaradas. A iniciativa apostará por concienciar á rapazada da importancia dun almorzo e dunha merenda saudables e completas, rexeitando o consumo de graxas saturadas presentes na bollería industrial e nos snacks.

O sobrepeso e a obesidade infantil, xunto con enfermidades conexas como a diabetes ou enfermidades cardiovasculares, son uns dos problemas de saúde pública máis graves do século XXI. Unha boa alimentación e hábitos de vida saudables como os que vai poñer en marcha o Concello de Padrón axudarán a previr e protexer aos nenos e nenas de Primaria deste tipo de enfermidades.

Promover o comercio local

“Ademais de promover condutas saudables e sostibles nos nosos nenos e nenas, que lles axudarán a protexer a súa saúde ao longo de toda a súa vida, dende o Concello de Padrón queremos tamén que a iniciativa sexa beneficiosa para favorecer o consumo no comercio local e que coñezan que poden acceder aos mellores produtos quilómetro cero nos distintos establecementos do municipio”, apunta Lorena Couso, quen anima aos comerciantes padroneses a sumárense á iniciativa. Só deberán contactar antes do vindeiro 5 de setembro con Turismo Padrón: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., 646 593 319 ou presencialmente na avenida de Compostela s/n.

Entre todos os comercios que decidan participar no proxecto, acordarase o desconto en aplicar en cada vale que se entregará aos nenos e nenas que demostren os seus coñecementos sobre hábitos de consumo saudables e sostibles. O Concello de Padrón agarda que entre todos os comercios acheguen un total de 84 vales de desconto por mes, entre setembro e maio. Uns vales que poderán ser canxeados entre setembro de 2021 e setembro de 2022.

Lorena Couso explica que “entregaremos un distintivo gráfico a todos os comercios adheridos, que deberán colocar no exterior ou nun lugar visible do seu establecemento para que os nenos e nenas de Padrón saiban que poden utilizar os seus vales desconto nese local”.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…