-->

O alcalde anuncia o comezo inminente das obras de reforma da rúa Bordel e da Praza da Leña

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, vén de anunciar o comezo inminente das obras de mellora da rúa Bordel e da Praza da Leña, que suporán un investimento conxunto de 113.000 euros e que serán acometidas polas empresas Construcciones D. Ogando e Construcciones Iglesias Mera, respectivamente.

Tras asinarse onte as correspondentes actas de repranteo, o alcalde indicou que as empresas adxudicatarias teñen previsto iniciar os traballos nos vindeiros días e precisou que en ambos casos o prazo de execución ofertado polas dúas construtoras é de tres meses.

No caso da rúa Bordel, os traballos consistirán na súa humanización mediante a reparación de baches e a mellora da capa de rodaxe con aglomerado en quente, ademais da reposición do firme con formigón en tres zonas concretas. Previamente, canalizaranse as tubaxes de polietileno para o abastecemento de auga potable e adaptaranse os pozos e as arquetas existentes á nova rasante do pavimento. Por último, procederase á sinalización horizontal da rúa co pintado das liñas e símbolos correspondentes.

Pola súa parte, a mellora da Praza da Leña tamén consiste na súa humanización, incluindo a mellora do firme con tramos de aglomerado en quente e tramos de formigón, ademais da instalación de tubaxes de PVC e a construción de arquetas con sumidoiro para a canalización das augas pluviais.

Pasarela peonil

Por outra banda, Antonio Fernández Angueira tamén anticipou que o pasado día 1 a Consellería de Medio Ambiente formalizou o contrato da instalación da pasarela peonil sobre o río Sar, que unirá a zona do Bordel co campo da Barca e que será financiada pola propia consellería con cargo ao Plan Hurbe. A pasarela estará formada por unha estrutura metálica dun só van de 30 metros de lonxitude e 2,5 metros de ancho, polo que admitirá tanto o tránsito de peóns como de bicicletas.

Tal e como anunciou no seu día a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, na execución desta actuación tentarase favorecer a integración da estrutura da pasarela na estética da contorna e de alixeirar a súa percepción visual.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15009 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. More details…