Novas recentes
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, 28 de febreiro, o anuncio do Concello de Padrón de licitación das licenzas para a instalación das atraccións de feira no campo do Souto, o Paseo do Espolón e rúas próximas durante as Festas de Pascua 2023. A convocatoria está aberta á atraccións mecánicas e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda de comidas e/ou bebidas, roupa, complementos, música, artesanía, etc, ademais de a maquinaria agrícola para a exposición que se desenvolve coincidindo coas festas. As Festas de Pascua 2023 celebraranse este ano entre o 2 e o 16 de abril.…
Alcalde e concelleira de Cultura destacan o éxito do concurso de disfraces, con especial protagonismo dos grupos locais || A comparsa ‘Ciklón’, de Tomiño, foi a vencedora na categoría de comparsas de máis de 20 membros; ‘Festa con glamour’ de Quintás, na de menos de 20 e ‘Se nos echó el tiempo encima’ venceu na categoría de comparsa local || En total o concurso repartiu máis de 5.400 euros en premios || Centos de persoas encheron as rúas da vila nunha xornada de auténtica festa !! Padrón viviu esta tarde un dos seus Entroido máis multitudinarios, con preto dun millar…
A alborada dos Carapaus abriu os actos oficiais do Día de Rosalía que conmemoran o 186 aniversario do nacemento da escritora || Alumnos do CEIP Flavia protagonizaron un recital poético || O alcalde de Padrón, Antonio Fernández: “Celebrar a Rosalía non é só cousa dun día, senón de todo o ano” || Mañá preséntase o libro co que Manuel López Rodríguez gañou a VIII edición do certame poético Rosalía de Castro || Música, poesía e tradicional ofrenda ante a estatua de Rosalía de Castro que preside unha das entradas ao Espolón centraron hoxe os actos institucionais do Día de Rosalía…
A reciclaxe deste residuo xerou un aforro de emisión de CO2 de 15,2 Tm e evitou a contaminación de 5,5 millóns de litros de auga // Javier Guillán: “O equipo de goberno mantén a súa firme aposta por preservar o medio ambiente e estamos a traballar arreo para completar a oferta da rede de colectores de reciclaxe” // O concelleiro de Recollida e Tratamento de Residuos destaca a boa acollida da campaña de reparto de composteiros domésticos, dos que xa se entregaron un centenar // O Concello de Padrón recolleu ao longo do pasado ano 5.009 quilogramos de aceite de…
As actividades conmemorativas ábrense hoxe cun obradoiro de marcapáxinas na biblioteca // O alumnado de infantil terá talleres nos centros educativos // Manuel López Rodríguez presentará o 24 de febreiro a obra coa que gañou o certame poético convocado polo Concello de Padrón // A concelleira Lorena Couso convida a coñecer a figura da escritora da man dos Quinquilláns e a degustar o caldo de gloria // Padrón honra un ano máis a Rosalía de Castro coincidindo coa data do seu nacemento, o 23 de febreiro. Dende este venres 10 de febreiro ata o día 24, desenvolveranse diversas actividades entre…
O acto, no que intervirán diversas autoridades, incluirá un xantar de confraternidade, actuación musical e baile A concelleira de Terceira Idade destaca a implicación do Concello e das aulas no fomento do envellecemento activo, na integración do rural e na formación dos maiores de 50 anos Lorena Couso: “Son unha das aulas máis numerosas de Galicia canto a alumnado; referente e modelo polo seu bo facer” Ategal-Aulas Sénior de Padrón cumpren 30 anos de andaina, comprometidas coa formación das persoas maiores de 50 anos do municipio e co fomento do envellecemento activo. Para conmemorar esta celebración, o goberno local…
Participaron máis de 1.160 atletas de todas as categorías, o que coloca a vixésima edición no top3 canto a participación Tere Parrado e Víctor Ramos foron os máis rápidos na 5K, que se celebrou por primeira vez Catrocentos menores participaron nas categorías escolares O alcalde e a concelleira de Deportes felicitaron a todos os participantes durante a entrega de premios Sandra Mosquera, do Comesaña Spórting Club, con 0.36.35, e Pablo Otero Fariña, do SG Pontevedra, con 0.31.25, foron os gañadores absolutos da vixésima Padrón 10K, que xuntou a máis de 1.160 atletas de todas as categorías, colocando esta edición no…
Esta certificación recoñece o seu elevado valor natural e de conservación, así como a información e as visitas que ofrece // A concelleira Lorena Couso salienta que este novo recoñecemento servirá para impulsar o turismo e o coñecemento do parque entre a veciñanza // Dende o pasado mes de xaneiro, o Xardín Botánico Artístico de Padrón suma aos seus innumerables recoñecementos a certificación Observer para espazos singulares. Tal e como subliña a concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, “trátase dun selo de calidade que recoñece tanto o seu alto valor natural como o seu óptimo estado de conservación ou…
A concelleira de Deportes subliña que a deste ano sitúase no top3 de todas as edicións polo volume de participantes // As catro da tarde tomarán a saída os máis novos, ás 16.45 horas comeza a 5k e ás 17.30 a carreira de dez quilómetros // O concello limita a circulación de tráfico e aparcamento nas rúas que forman parte do circuíto // Lorena Couso: “Debemos garantir a seguridade de todas as persoas participantes e o bo desenvolvemento da proba” // Os cortes ao tránsito de vehículos afectarán ao Campo do Souto, as rúas Travesía da Feira, Agro do Medio,…
Rexedor e concelleira de Servizos Sociais mantiveron unha xuntanza con representantes da asociación // Antonio Fernández destaca que “Padrón é unha vila con familias comprometidas e acolledoras e este compromiso vai en aumento” // Preto dunha ducia de familias manifestaron o seu interese por participar no programa // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Belén Luezas, mantiveron esta mañá unha xuntanza con Carmen Dourado, traballadora social e directora de Acougo, e representantes das familias acolledoras. O obxectivo foi reafirmar o compromiso de colaboración do Concello con Acougo e coas familias do municipio…