Novas recentes
O xurado, presidido pola concelleira de Cultura Lorena Couso, recoñece o seu traballo na produción ‘O porco de pé’ (2022) O fallo destaca a traxectoria de Vázquez no teatro e o seu “sólido compromiso coa escena galega” Lorena Couso: “O galardón aproxímase ao cuarto de século de vida cunha vixencia espléndida” O xurado do XXII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, presidido pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, concedeulle este prestixioso galardón á actriz Patricia Vázquez. Á compostelá recoñéceselle o seu traballo na produción O porco de pé, da compañía Excéntricas Producións, así como a súa longa traxectoria…
“Queremos que o visitante, sexa cal sexa o seu perfil, saiba que este é o seu destino”, sinala a concelleira Lorena Couso // Une o Padrón xacobeo, literario, natural e gastronómico, así como os negocios de hostalaría e comercio, para atraer visitantes // ‘Padrón. Camiño e destino’ é o lema da renovada marca coa que o Concello padronés se está a promocionar na actualidade e que, baixo os epígrafes Padrón Xacobeo, Padrón Literario, Padrón Natural, Padrón Gastronómico e Padrón Hostalaría e Comercio, aglutina todas as posibilidades que o municipio lles ofrece aos visitantes para gozar da súa historia, patrimonio, gastronomía ou…
A Oficina de Turismo atendeu de xeito individual a 31.556 persoas, un 62% máis que no último exercicio antes da pandemia A metade das consultas foron feitas por peregrinos Entre os turistas destacaron os portugueses, italianos e alemáns Lorena Couso: “Os datos referendan o traballo do Concello na promoción turística do municipio” O Concello de Padrón incrementou en preto dun 250% o número de Pedronías entregadas ao longo do pasado Ano Santo Extraordinario respecto ás emitidas no último exercicio prepandémico. Segundo recolle a Memoria anual de Turismo de Padrón relativa ao exercicio 2022, o Concello expediu un total de…
Lorena Couso: “O goberno local fixo un esforzo incrementando os premios e incentivando a participación de asociacións e centros educativos do municipio con 200 euros de gratificación” || Establécense seis categorías distintas, cada unha con tres premios en metálico || O desfile celebrarase o 25 de febreiro, sábado de piñata || As inscricións pódense facer no Centro Social ata o 23 de febreiro || O Concello de Padrón repartirá máis de 5.400 euros en premios no concurso de disfraces do Entroido 2023 que se celebrará o 25 de febreiro, sábado de piñata, durante o desfile que comezará ás…
O certame está organizado polo Concello de Padrón e o CIM // Nesta terceira edición haberá dúas modalidades, a individual, con 7 recoñecementos, e a colectiva, cun só nomeamento // As candidaturas deberán enviarse ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 29 de xaneiro // Lorena Couso: “Queremos resaltar o papel das mulleres padronesas que son un referente social na loita pola igualdade e na eliminación de estereotipos sexistas” // O Concello de Padrón e o Centro de Información á Muller (CIM) veñen de dar a coñecer as bases que rexerán a terceira edición dos recoñecementos Rumorosas 2023. Trátase duns galardóns que…
Gran parte das nenas e dos nenos repetiron experiencia polas aldeas en ata catro actividades diferentes // Sumáronse á iniciativa familias completas con avós, avoas e netos incluídos // As concelleiras Lorena Couso e Carmina Bustelo destacan que “a iniciativa gustou moito e que o Nadal rulou por todo o municipio” // Máis dun centenar de nenos e de nenas participaron nas sete xornadas do Nadal Rula organizado polo Concello de Padrón nas vacacións de Nadal para levar a maxia destas datas a todo o municipio e facer partícipe á veciñanza do rural. Así o deron a coñecer esta mañá…
Melchor, Gaspar e Baltasar recibiron as peticións do público infantil no Campo do Souto e agasallaron aos nenos con lambetadas e agasallos // O alcalde destaca o éxito da cabalgata e agradece a colaboración das persoas e entidades participantes que a fixeron posible // Tarde máxica a vivida hoxe en Padrón. Expectación, nervios e moita, pero moita ilusión, era a que reflexaban os rostros das numerosas nenas e nenos congregados nas rúas do casco histórico de Padrón ante a chegada das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. A cabalgata de Reis 2022, que recupera despois destes últimos anos a…
O alcalde, Antonio Fernández, salienta que o convenio asinado polo Goberno local coa Xunta permitirá instalar novas estacións de bombeo en Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso // As obras contan cun orzamento de 940.000 euros // En datas próximas comezarán os traballos de ampliación da rede de saneamento de Padrón que permitirán eliminar os verquidos ao río Ulla coa habilitación dunha serie de novos colectores e catro estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. A Consellería de Infraestrutuas e Mobilidade anunciou hoxe que, a través de Augas de Galicia,…
A comitiva iniciará o percorrido polo casco histórico dende a rúa Real para finalizar no Campo do Souto // As Súas Maxestades realizarán a ofrenda ao nenos Xesús e serán recibidas pola Corporación Municipal // Melchor, Gaspar e Baltasar volverán a percorrer as rúas de Padrón o xoves, 5 de xaneiro, pola tarde. A comitiva real chegará á vila ás 17.00 horas e comezará o seu percorrido polo casco histórico dende a Rúa Real, visitarán a igrexa de Santiago onde as Súas Maxestades visitarán o Belén vivinte e realizarán a ofrenda ao neno Xesús. Finalizada a ofrenda, a cabalgata achegarase…
Nas dúas carreiras poden participar atletas federados e non federados // Tamén se disputarán outras catro probas dirixidas a escolares // As inscricións están abertas ata o 1 de febreiro en www.emesports.es // Padrón volverá converterse o sábado 4 de febreiro nunha festa para todas as persoas amantes do atletismo. Atletas federados e non federados poderán participar na vixésima edición da 10K, que este ano, xunto á carreira de dez quilómetros, contará como principal novidade cunha proba homologada de cinco quilómetros. O prazo de inscricións, gratuítas para escolares e cun custo de 7 euros para o resto das categorías, xa está…