Novas recentes

O Concello de Padrón convida aos veciños e veciñas do municipio a asistiren de forma gratuíta a unha sesión do planetario, que se instalará no auditorio municipal padronés o venres 31 de xaneiro e o sábado 1 de febreiro, en horario de 17:00 a 20:00 horas. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “durante a mañá do venres levaremos aos nenos e nenas dos centros educativos e despois abriremos as sesións a todos os veciños e veciñas de Padrón, aos que convidamos a desfrutar desta experiencia e aprender a atopar a estrela de Rosalía no noso ceo nocturno”. Aqueles…
O Concello de Padrón expediu en 2019 un total de 6.590 diplomas da Pedronía, un 64% máis ca no 2018, cando se concederan 4.010. Unhas cifras que corroboran o acerto da Concellería de Turismo e Xacobeo 21 ao apostar pola recuperación deste camiño, ligado á tradición Xacobea e que era habitual entre os peregrinos dos séculos XII e XIX, e que mesmo levou á creación da aplicación web “Creando consciencia na Pedronía”. O percorrido da Pedronía é de 25 km entre Padrón e Santiago, pasando polos concellos de Ames, Teo e Rois. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, sinala que…
A obra Las damas del canapé, de Juan Carlos Fernández León, é a gañadora do concurso de narrativa XXX Premio Literario Camilo José Cela. O xurado do certame tomou o acordo por unanimidade, tras varias valoracións e votacións, na súa reunión deste mediodía no Salón de Plenos do Concello de Padrón. Ao concurso presentáranse un total de 148 relatos. Las damas del canapé, que se presentou co lema Ana Celeste, foi valorada pola súa orixinalidade e estrutura. O xurado destaca “a descarada voz narrativa que rompe as fronteiras do relato para dirixirse a un xurado ‘real’ ao que provoca, esixe…
O Concello de Padrón rendeu homenaxe aos seus voluntarios e voluntarias coincidindo coa conmemoración do Día Internacional do Voluntariado. Unha homenaxe presidida polo alcalde, Antonio Fernández, e a concelleira de Voluntariado, Lorena Couso, e que incluíu a plantación dunha árbore do voluntariado e a entrega dos primeiros Premios do Voluntariado, consistentes nunhas figuras de artesanía elaboradas por AMIPA, asociación de nais e pais de persoas con discapacidade intelectual da comarca do Sar. O alcalde de Padrón agradeceu o labor dos voluntarios e voluntarias do municipio: “hoxe sodes 36, pero durante estes 21 anos de funcionamento da Oficina Municipal de Voluntariado…
A Cabalgata de Reis 2020 de Padrón reuniu a unha gran parte da veciñanza nun traxecto lixeiramente diferente ao doutros anos debido a unhas obras que se están realizando no inmoble fronte á casa do concello. Nesta ocasión a recepción oficial da corporación municipal ás Súas Maxestades da tradicional casa consistorial á unha carpa instalada no campo do Souto. A cabalgata estivo composta por tres carrozas, unha por cada rei, e foi acompañado por catro paxes, todos eles integrantes da rede de voluntariado de Padrón. As Súas Maxestades saíron ás 17:30 horas do polígono de Picusa e logo foron pola…
Máis de 450 persoas participarán mañá martes 31 de decembro na cuarta edición da Carreira San Silvestre Solidaria Vermú Petroni Concello de Padrón, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Padrón en colaboración con Vermú Petroni e co club Atletismo Sar. Unha proba que dará comezo ás 17:00 horas e que terá saída e chegada no Campo do Souto (Praza de Abastos). O concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez Conde, lembra que “a proba ten un carácter solidario e o seu obxectivo é recoller alimentos para as familias máis necesitadas, polo que animamos tamén a aquelas persoas que non participen…
Un total de 52 persoas participaron está mañá no II Torneo de Nadal de Chave, organizado polo concello de Padrón. Esta é a segunda edición da competición, que estase xa a converter nunha cita ineludible do Nadal. Nesta ocasión, debido as adversas condicións meteorolóxicas da xornada, o torneo tivo que trasladarse ao Pavillón do Souto. O concelleiro de deportes, Ángel Rodríguez, estivo presente durante toda a xornada e posou cos cinco primeiros clasificados, ao igual que Diego Pardal, representante de Vermú Petroni, empresa patrocinadora do evento deportivo.
O Concello de Padrón organiza este luns 23 de decembro, ás 18:00 horas, un espectáculo para familias, que terá lugar no Auditorio municipal. Unha xornada teatral a cargo do grupo Excéntricas e Teatro de Adro con Víctor Mosqueira e Josito Porto. Baixo o título Cartoóns, ofrecese unha representación para que desfruten os máis pequenos e pequenas. Ademais, paralelamente, e aproveitando a cita teatral, no mesmo Auditorio, recolleranse xoguetes. Como explican dende o goberno local, o obxectivo é que todos os nenos e nenas poidan recibir un agasallo este Nadal.
A praza de Macías acollerá dende as 17:00 horas de mañá venres 20 de decembro e ata a mesma hora do 24 de decembro un Mercado de Nadal no que participar en torno a 20 expositores procedentes de distintos puntos de Galicia. Uns expositores que inclúen una variada oferta, dende artigos de agasallo a alimentación orientada ao Nadal (pastelería, roscón de reis, troncos de Nadal...), ata produtos para o Belén, artesanía selecta e mesmo coleccionismo vintage. A parte forte da programación terá lugar durante a fin de semana. Así, dende o sábado 21 de decembro Papá Noel e os seus…
O pleno municipal de Padrón aprobou esta mañá a proposta da Alcaldía para o Plan Único de Concellos “POS+ 2020” e o Plan Complementario de 2020, que destinará 216.683,38 euros a obras e 187.563,87 euros a gasto corrente. O alcalde, Antonio Fernández Angueira, salientou que os proxectos incluídos neste plan recollen “o importante compromiso do goberno local coas necesidades dos veciños e coa dinamización turística do seu entorno”. A proposta foi aprobada cos votos a favor dos grupos do PP, PSOE e BNG, e coa abstención de Compromiso por Galicia. O POS+ 2020 do Concello de Padrón ascende a 404.247,25…
Páxina 5 de 15

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…