Novas recentes
O presidente da Xunta salienta a importancia da Lei do ciclo integral da auga para axudar aos concellos a xestionar os seus servizos de xeito ordenado e planificado || Felicita ao Concello de Padrón por situar as infraestruturas e os servizos hidráulicos como prioridade || A Xunta aporta 800.000 euros para financiar o proxecto e o Concello outros 200.000 || O alcalde agasalla con pementos de Padrón ao presidente e á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez || O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou esta mañá en Padrón o proxecto de ampliación da rede de saneamento…
O alcalde, Antonio Fernández Angueira, considera que as contas servirán para a “reconstrución social e económica” || A partida de asistencia a persoas dependentes e desfavorecidas aumenta case un 40% ata os 480.000 euros || O Concello de Padrón aprobou onte en pleno os maiores presupostos da súa historia, cun montante que se achega aos 9,5 millóns de euros e que destinan a investimentos preto de 1,2 millóns. Para o alcalde, Antonio Fernández Angueira, trátase dun “orzamento histórico de reconstrución social e económica” do municipio. Os orzamentos aprobáronse cos votos a favor do equipo de goberno (PP),…
Hoxe remata o prazo para inscribirse na andaina inaugural deste sábado Na gravación participaron veciños e veciñas dos tres concellos, unha delas caracterizada como Rosalía De Castro Os concellos de Padrón, Rois e Dodro veñen de publicar un vídeo promocional da ruta Rosalía nos Camiños, no que aparecen reflictidos algúns dos lugares máis importantes vinculados á vida e obra de Rosalía de Castro e polos que pasa esta senda amiga inspirada na obra ‘En las orillas del Sar’. A ruta inaugúrase este sábado, día 21, ás 16.30 horas. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse antes das 23.59 horas de…
Achégase o final de curso para as persoas que participaron neste curso 2021/2022 nas Aulas Senior de Padrón, xestionadas pola Asociación Cultural Galega da Formación Permanente de Adultos (Ategal) e polo Concello de Padrón. Para celebralo organizouse para o venres 3 de xuño unha tarde de actividades entre as que se encontra a exposición dos traballos realizados, unha conferencia e unha cea de confraternidade á que pode asistir o alumnado. O acto de clausura comezará ás sete da tarde e levarase a cabo no Auditorio Municipal. Neste recinto inaugurarase a exposición dos traballos realizados durante o curso nos talleres de…
Manuel López Rodríguez recibe o galardón do certame poético Rosalía de Castro nun acto celebrado no Auditorio municipal Lorena Couso reivindica o papel central de Padrón na vida literaria de Galicia O Concello de Padrón sumouse á conmemoración do Día das Letras Galegas coa celebración da VII Festa da Lingua, que contou hoxe no Auditorio padronés coa participación do alumnado dos IES Camilo José Cela e Macías o Namorado. No transcurso desta cerimonia, a concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, fixeron entrega do premio do VIII Certame Poético…
O mago Dani García levou onte o seu espectáculo Tin ao campo de festa de Iria, onde pequenos e maiores puideron participar neste espectáculo de calle no que o protagonista parece chegar dun lonxano lugar. A actuación de Dani García é o primeiro espectáculo do programa A cultura rula por Padrón que irá percorrendo outras seis parroquias do municipio os venres ata o 1 de xullo. Dirixidos a un público familiar, as actuacións comezarán todas ás 20.00 horas A vindeira semana o circo e as acrobacias serán as protagonistas en Pazos. O día 20, Sue Moreno levará ata o campo da Capilla o seu…
O poeta e editor noiés Manuel López Rodríguez é o gañador da oitava edición do certame poético Rosalía de Castro coa obra Neste mesmo intre. O xurado, reunido onte pola mañá no Concello de Padrón, destaca a “gran riqueza de imaxes” coa que López logra recrear unha Compostela extinta na que se producen certos achádegos literarios. A obra de Manuel López, presentada co lema ‘A campesiña do Ensanche’, foi seleccionada por maioría entre as dezanove que este ano se presentaron ao certame Rosalía de Castro. O xurado, presidido polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández, contou como vogais coa concelleira Lorena…
Reivindica a relectura da súa obra e, entre as moitas facetas do escritor, resalta que “Cela contaba historias cunha forza que moi poucos lograron xuntar nas súas carreiras” || O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a concelleira Lorena Couso e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, asistiron á ofrenda floral || Alumnos do IES Camilo José Cela, Macías o Namorado e SEK Atlántico participaron na lectura publica de ‘La Rosa’ || O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, presidiron hoxe un dos actos conmemorativos do 106 aniversario do…
A Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de Voluntarios de Protección Civil de España concedeulle a Placa ao Mérito na súa categoría de ouro á Agrupación Protección Civil de Padrón, en recoñecemento a un cuarto de século de servizo á poboación. O concelleiro padronés Francisco García e o coordinador da entidade galardoada, Pablo Muñiz, recolleron o premio nun acto celebrado o pasado sábado na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada. A distinción de ANAV Protección Civil España recoñece o traballo de Protección Civil de Padrón desde hai 25 anos. O traballo da Agrupación padronesa é visible e imprescindible tanto en situacións de risco…
O alcalde presidiu a procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago || A Coral Val do Sar e o grupo Amigos do acordeón das Rías Baixas ofreceron un concerto no auditorio || Os maiores retomaron o xantar de confraternidade no restaurante Scala con máis de 200 asistentes || O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, acompañado por membros da Corporación, presidiu hoxe a procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago, onde se celebrou a misa solemne para conmemorar o día do patrón do…