Novas recentes

O Goberno municipal de Padrón leva meses traballando de forma intensa para axudar e acompañar aos diferentes axentes sociais e económicos da vila na complicada situación derivada da pandemia da Covid-19. Por iso, dende os diferentes departamentos do Concello puxéronse en marcha programas como o Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio para dinamizar a economía local, elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en conta o Plan de Acción Padrón 2017-2022. Neste contexto estase desenvolvendo un programa de acompañamento no que se inclúe a creación dun marketplace para dar visibilidade aos…
Os Concello de Padrón, Rois e Dodro colaboraron para poñer en marcha unha nova iniciativa co obxectivo de facilitar a incorporación ao mercado laboral de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean desempregados. O Concello de Rois é o principal encargado de promover o obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020, para formar a 10 alumnos traballadores durante un ano na confección e publicación de páxinas web. O programa está dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean inscritos no Programa de Garantía Xuvenil e no Servizo de Emprego Público cos códigos…
O Concello de Padrón presentou unha ampla oferta deportiva para o curso 2020-2021 cun estrito protocolo de seguridade sanitaria pola situación xerada pola pandemia da Covid-19. A vindeira semana, o 21 de setembro, abrirase a convocatoria de matrícula para as persoas que estean empadroadas no Concello de Padrón, e a partir do día 28 abrirase para todo o público. O concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, explicou que “durante os últimos meses traballaron intensamente para organizar estas actividades e, sobre todo, para adaptarse a todas as medidas das autoridades sanitarias e as necesidades dos padroneses e padronesas”. Así, o novo curso…
O Concello de Padrón leva semanas traballando nunha volta ao colexio segura para todos e todas. Nas últimas semanas, o concelleiro de Servizos realizou unha ronda de visitas polos diferentes espazos educativos do municipio para garantir que todo estaba en correcto estado para recibir de novo ao alumnado nas aulas. Neste contexto, realizouse tamén un traballo de roza e limpeza na contorna dos centros educativos. Trátase dunha actuación para poñer a punto estes espazos de cara ao curso escolar 2020-2021. Este ano, dadas as circunstancias especiais derivadas da pandemia da Covid-19, no Concello de Padrón todos os departamentos se implicaron…
Máis de 3.600 fogares e empresas de Padrón terán proximamente acceso á internet a través da tecnoloxía de fibra óptica. O Concello de Padrón xestionou e colaborou con dúas empresas do sector da telefonía –Orange e Telefónica- para o desenvolvemento deste proxecto. O Executivo local fixou un prazo de aproximadamente tres meses para rematar este plan mediante o que a cidadanía de Padrón accederá ás comunicacións fixas máis avanzadas do mercado.  O concelleiro de Servizos, Ángel Rodríguez, explicou que “investir en telecomunicacións é moi necesario, xa que numerosas actividades do noso día a día hoxe ocorren a través de internet,…
O Concello de Padrón lanza unha nova plataforma online para dar visibilidade e promocionar os produtos e ofertas dos distintos establecementos de comercio e hostalería da vila. Hoxe, dende a Concellería de Turismo puxéronse en contacto con estes sectores para explicarlles o funcionamento deste novo marketplace, e que comecen a darse de alta. Trátase dunha iniciativa incluída no Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en conta o Plan de Acción Padrón 2017-2022. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, explicou que “dende o Concello buscan…
A área sanitaria de Padrón rexistrou na última semana un total de 20 casos de persoas contaxiadas por coronavirus, dezasete correspóndense con residentes en Padrón, mentres que tres habitan nun concello veciño, segundo os datos facilitados polo equipo do servizo de atención primaria municipal. Ante o incremento de casos positivos nas últimas horas, o alcalde de Padrón emitiu hoxe un bando para adoptar medidas de prevención específicas a maior brevidade posible. O documento recolle normas e recomendacións de aplicación, que estarán vixentes a partir das 00:00 horas do 2 de setembro. Así, lembrase á cidadanía que debe adoptar as precaucións…
O Concello de Padrón sentou as bases para a creación dunha Escola de Hockey con dous xogadores da vila e co apoio da Federación Galega de Hockey. O obxectivo é ofrecer un novo deporte aos nenos e nenas padroneses. A iniciativa xurdiu tras poñerse en contacto un grupo de afeccionados de Padrón e a Federación Galega. A tradición deste deporte na vila remontase a 1976, cando se fundou o equipo Santo Domingo, que tras varias décadas de éxitos competitivos autonómicos deixou de xogar durante catro anos. Agora, Óscar Mozas e Rodrigo Casal retoman a ilusión por este deporte. “A finalidade…
O Concello de Padrón vén de contratar ao artista plástico Fernando Yáñez para pintar a man os pasos de peóns da vila, co obxectivo de crear espazos dinámicos e atractivos para a cidadanía e para os visitantes. Trátase dunha iniciativa que se enmarca no Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en conta o Plan de Acción Padrón 2017-2022. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, resaltou “Padrón é un lugar extraordinario e queremos potenciar e aunar todo o potencial desta vila para que se convirta…
O Concello de Padrón vén de poñer en marcha unha campaña de apoio ao comercio local que inclúe o reparto de 3.000 bolsas de tela reutilizables entre os/as comerciantes que desexen sumarse á iniciativa. Unha iniciativa incluída no Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en conta o Plan de Acción Padrón 2017-2022. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, explica que “estas bolsas de tela reutilizables levarán o logotipo da nosa nova marca turística, ‘Padrón, camiño e destino’, e seranlle agasalladas aos clientes que fagan…
Páxina 2 de 19

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…