Novas recentes
O alcalde presidiu a procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago || A Coral Val do Sar e o grupo Amigos do acordeón das Rías Baixas ofreceron un concerto no auditorio || Os maiores retomaron o xantar de confraternidade no restaurante Scala con máis de 200 asistentes || O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, acompañado por membros da Corporación, presidiu hoxe a procesión do San Xoán do Raio dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago, onde se celebrou a misa solemne para conmemorar o día do patrón do…
Esta acción pecha un obradoiro no que participan integrantes de Voluntariado Sénior e alumnado do IES Camilo José Cela || O grupo teatral Chévere, a cooperativa Feitoría Verde e SEPA-USC dirixen o proxecto || O Xardín Botánico-Artístico de Padrón acolle este domingo 8 de maio ás 12:30 horas unha intervención colectiva dentro do marco de Xardín Utopía, un proxecto colaborativo comandado polo grupo teatral Chévere, a cooperativa sen ánimo de lucro Feitoría Verde e o SEPA (Grupo de Investigación en Educación Ambiental da facultade de Pedagoxía da USC). A experiencia desenvolveuse durante todo o curso nun equipo de traballo…
Anxo Angueira: “Con esta ruta podes evocar a obra de Rosalía. Ten interese literario, paisaxístico e histórico” Os alcaldes de Padrón, Rois e Dodro relatan algúns dos lugares que percorre o roteiro e a vinculación coa vida e obra da escritora José Conde fixo as pedras que sinalizan a senda e Camilo Seira deseñou a folla da figueira que se converte na imaxe da iniciativa A inscrición está aberta na web de Emesports ata o 19 de maio, cun prezo de 3 euros para as persoas maiores de 14 anos A recadación íntegra será doada á Asociación Amipa Os alcaldes…
O Concerto das Letras Galegas, a VII Festa da Lingua e a inauguración da Ruta ‘Rosalía nos camiños’ son actos destacados na programación de ‘Padrón Literario’ // Haberá visitas teatrais de Macías e Elvira todos os sabados, outra dedicada a Rosalía o Día das Letras e tertulias clandestinas con Camila Trulock // Unha ofrenda floral honrará a Camilo José Cela no cemiterio de Adina o día 11 de maio, data do seu nacemento // A infancia será protagonista con actividades para centros escolares e multitude de espectáculos familiares // As rúas e os edificios públicos de Padrón encheranse neste mes de maio…
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, inaugurou a primera sesión esta mañá en Extramundi O alcalde, Antonio Fernández, incide na colaboración de toda a sociedade para pórlle fin ás agresións machistas A mesa local de coordinación interinstitucional fronte á violencia de xénero, constituída tras ser aprobada por unanimidade no pleno municipal do 31 de marzo, comezou hoxe a andar coa celebración da súa primeira sesión en Extramundi. Esta sesión foi inaugurada pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; na compaña do alcalde de Padrón, Antonio Fernández; e a concelleira de Igualdade, Lorena Couso, que preside o novo…
Instalaranse unha serie de colectores e catro estacións de bombeo de aguas residuais en Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso // As empresas poderán presentar ofertas ata o 27 de maio e as obras teñen un prazo de execución de seis meses // A actuación enmárcase nun convenio do Concello coa Xunta, que aporta o 80 por cento do orzamento // A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, licitou este mércores a ampliación da rede de saneamento municipal de Padrón por un total de 1.048.252 euros. Os traballos centraranse na execución dunha serie de…
O programa 'Padrón: o teu camiño, o teu destino' presentouse á terceira convocatoria de subvencións de O teu Xacobeo // As actividades diríxense a centros escolares, veciñanza, visitantes e peregrinos // O Concello de Padrón está a preparar un ambicioso programa de actividades de cara a esta temporada primavera-verán co ánimo de seguir captando visitantes, á vez que lles ofrece ás propias padronesas e padroneses distintas iniciativas que lles permitirán mergullarse na historia e nos diferentes atractivos do municipio. O programa, denominado ‘Padrón: o teu camiño, o teu destino’ e impulsado dende a Concellería de Turismo que dirixe Lorena Couso,…
As ofrendas florais a Rosalía e Castelao serven para destacar a importancia clave das dúas vilas para a cultura galega // Os alcaldes poñen en valor os proxectos conxuntos que benefician á veciñanza de ambos os dous municipios // Os alcaldes de Padrón e de Rianxo, Antonio Fernández e Adolfo Muíños, reafirmaron onte o compromiso e o respecto mutuo entre as dúas localidades na celebración do Día de Rianxo, dentro dos actos da Pascua padronesa. Ambos os dous rexedores ofreceron unha ofrenda floral ante os monumentos a Rosalía e Castelao, presidiron unha xuntanza no salón de plenos na que se falou…
Antonio Fernández Angueira anima a “fortalecer os nosos vínculos e perseguir novas metas conxuntas” // Sánchez Bugallo amósase compracido por “recuperar esta tradición que nos une e que nos últimos anos non se puido celebrar pola pandemia” // As bandas de música de Padrón e Santiago amenizan a xornada festiva do Luns de Pascua // Os concellos de Padrón e Santiago renovaron hoxe os seus lazos de irmandade nun acto protocolario que se vén celebrando desde hai máis de 60 anos coincidindo co Luns de Pascua. “Parecen moitos, pero realmente poden considerarse moi poucos se temos en conta que os…
Dende a organización destacaron o alto nivel dos cabalos procedentes de toda Galicia que participaron nos concursos || Numeroso público no concerto que a Banda de Música de Padrón ofreceu na praza de Macías || O pasarrúas do grupo folclórico San Pedro de Carcacía e dos xigantes e cabezudos sorprendeu a moitos turistas e padroneses || A Feira cabalar de Pascua, unha das tradicións máis arraigadas das festas de Padrón, xuntou hoxe no campo da Barca a exemplares procedentes das catro provincias galegas e a milleiros de afeccionados, que encheron tanto a zona reservada a feira como a praza na…