-->

O Concello de Padrón facilita a integración social das persoas con discapacidade auditiva

 

O alcade de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o presidente da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (APSSC), José Antonio Pais Freire, asinaron esta tarde un convenio de colaboración entre ambas entidades coa finalidade de favorecer a integración social das persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva.

Os asinantes puxeron de manifesto que a comunidade de xordos en Padrón é de alomenos 16 persoas, unha cifra que se incrementa ao contabilizar aquelas que residen na contorna ou que acoden a miúdo á vila padronesa a realizar xestións ou utilizar distintos servizos públicos e privados. Por este motivo, o rexedor local considera "unha obriga" que o goberno local sexa "sensible ás necesidades específicas" de dita comunidade e se implique á hora de proporcionarlle "acceso aos servizos públicos fundamentais en igualdade de condicións e dereitos".

"Buscamos eliminar as barreiras de comunicación que as persoas xordas poden atopar en servizos esenciais, como consultas médicas ou xestións administrativas e laborais", explica o alcalde. Neste senso, apunta que a colaboración entre o Concello de Padrón e a APSSC permitirá dispoñer dun servizo de interpretación de lingua de signos e de guía intérprete de persoas xordocegas para "facilitarlle aos usuarios que o soliciten o desenvolvemento de accións imprescindibles para o desenvolvemento dunha vida cotiá normalizada".

Fernández Angueira salienta que a figura do intérprete da lingua de signos resulta especialmente importante nos ámbitos xurídico, médico, educativo e institucional e, por iso, a colaboración coa APSSC permitiralle ao concello contar cun/ha profesional acreditado/a que elimine as barreiras de comunicación non só en actos institucionais relevantes, senón tamén en asuntos cotiás como consultas médicas e/ou psicolóxicas, entrevistas e xestións laborais, consultas legais e notariais ou xestións ante administracións e entidades públicas.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…