-->

O titiriteiro redondelano Tatán recibe o XVII Premio "Maruxa Villanueva" do Concello de Padrón

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso Dopazo, entregáronlle no serán de onte o XVII Premio de Interpretación Teatral "Maruxa Villanueva" ao titiriteiro e actor redondelano Eduardo Alberto Rodríguez Cunha, máis coñecido artisticamente como Tatán.

Cómpre lembrar que é a primeira vez que un titiriteiro recibe este premio, que foi creado en 2001 polo Concello de Padrón para potenciar e recoñecer o labor das persoas vinculadas ás artes escénicas e para homenaxear a figura de Maruxa Villanueva, gardesa da casa de Rosalía de Castro durante moito tempo.

Nesta edición, o xurado que decidiu outorgarlle o galardón a Tatán estivo conformado por expertos no eido das artes escénicas, como Inma López Silva, Afonso Becerra, Carlos Vizcainho, Roberto Pascual e Comba Campoi, valorando todos eles por unanimidade "a longa traxectoria de Tatán, o maxisterio no teatro de obxectos e a súa contribución á construción dun teatro de títeres galego e moderno", así como a súa aportación desde Tanxarina Títeres para "proxectar internacionalmente a produción galega de teatro de obxectos con especial atención á lusofonía".

A entrega do premio tivo lugar no Auditorio Municipal ao remate da representación da obra "A galiña azul" por parte de Tanxarina Títeres, compañía da que Tatán é fundador e da que forma parte. O alcalde padronés agradeceulle ao galardoado "todo o traballo que está a facer pola cultura galega e, concretamente, no ámbito dos títeres, no que o seu traballo fai gozar tanto ao público infantil e familiar". Ademais, Fernández Angueira aproveitou tamén para convidar a tódolos presentes a achegarse ao Auditorio Municipal durante os meses de novembro e decembro para asistir ás 13 actividades e espectáculos programados dentro do "Outono cultural".

Concretamente, estas actividades organizadas desde a Concellaría de Cultura e as súas correspondentes datas son as seguintes:

  • Venres 2 de novembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "O inspector", a cargo de Teatro Muxicas.
  • Sábado 3 de novembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "Cranios privilexiados", a cargo de Producións Excéntricas.
  • Venres 9 de novembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "Full monty", a cargo do Grupo de Teatro Andaina Pro Saúde Mental.
  • Sábado 10 de novembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "O enredo", a cargo de A Tequerreté Teatro.
  • Sábado 17 de novembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "Vaiche boa", a cargo de Charamela Teatro.
  • Sábado 24 de novembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): Festival de Santa Cecilia, organizado pola Coral Polifónica Padronesa.
  • Domingo 25 de novembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "Véndese unha burra", a cargo da Asociación de Mulleres Rurais A Carballeira.
  • Sábado 1 de decembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "Eu queríame casare", a cargo de Dinamo Teatro.
  • Xoves 6 de decembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas). "D.E.P.", a cargo de Malasombra Producións.
  • Sábado 8 de decembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "Moito barullo e poucas carolas", a cargo de Andaravía Teatro.
  • Sábado 15 de decembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "Falar sen cancelas", a cargo de Culturactiva.
  • Sábado 22 de decembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): Festival de Panxoliñas, organizado pola Coral Polifónica Padronesa.
  • Domingo 23 de decembro (Auditorio Municipal - 19.30 horas): "Os fabulosos cleaners", a cargo de Malasombra Producións.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…