Novas recentes

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais do Concello de Padrón realizou un total de 1.301 actuacións ao longo do ano 2019. As intervencións máis recorrentes sucedéronse en accidentes de tráfico, cun total de 255 casos -11 con excarceración, 72 con feridos, 94 sen feridos e 78 sucesos que esixían limpeza da vía-. A unidade realizou 231 operativos, 125 actividades de prevención e 211 intervencións para a erradicación das velutinas, tarefa que agora asume a Xunta de Galicia a través dun novo plan de loita contra estes insectos. O concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez, valorou moi positivamente a actuación deste grupo, “cada…
A Universidade de Santiago e o Concello de Padrón asinaron un convenio para ofertar o IV Ciclo do Programa “Camiños de Coñecemento e Experiencia” que comezará no mes de marzo nas dependencias do Centro Social do Concello, dirixido a persoas maiores de 50 anos. A formación programada abrangue tres seminarios  cada un deles dunha sesión de 90 minutos teórica de 17:00 a 18:30 horas no auditorio municipal e unha sesión práctica cunha saída. O primeiro seminario será o 13 de marzo cunha temática máis científica como é o “Cambio climático, ou o que podemos perder” impartido por Xurxo Proupín Castiñeiras…
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou este luns un decreto do Alcalde de Padrón no que se recolle a posta en marcha do taboleiro de anuncios electrónico.  Así, esta plataforma actuará de forma complementaria ao espazo presencial existente.  O novo sistema aloxarase na sede electrónica do Concello –sede.padron.gal-, o acceso non requirirá ningún mecanismo especial de acreditación da identidade do cidadán e publicarase na sede electrónica do Concello. A partir de agora, a publicación de actos e comunicacións que debían publicarse no taboleiro de edictos municipal, poderá ser substituída ou complementada pola súa publicación no taboleiro de anuncios…
O pistoletazo de saída das actividades para conmemorar a figura de Rosalía de Castro ao longo do mes de febreiro darano “Os Quinquilláns” coa representación de ‘A pluma viva de Rosalía’, unha obra dirixida aos nenos e nenas de 3º e 4º da ESO dos IES de Padrón. Posteriormente, os días 11, 12, 13, 19 e 20 haberá visitas teatralizadas á Casa Museo Rosalía de Castro dirixidas aos centros educativos da vila. O martes 18 de febreiro para a rapazada de 2º e 3º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro e CEIP Flavia haberá un espectáculo de títeres baixo…
O Concello de Padrón outorga o XIX Premio de Interpretación Maruxa Villanueva ao actor Miguel de Lira. O xurado tomou esta decisión por unanimidade, tras ter analizado as propostas de todos e todas as candidatas presentadas a esta edición do galardón de arte dramático. Os membros deste comité valoraron a súa interpretación en ‘Curva España’, na que, baixo a súa perspectiva, fixo unha importante posta en valor da oralidade en lingua galega como factor distintivo da teatralidade da comunidade. Do mesmo xeito, o xurado explicou que con este premio pretenden enxalzar a traxectoria de Miguel de Lira e o seu…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, a concelleira de Cultura e Turismo,  Lorena Couso, a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, e Isaías Calvo, Director de Relacións coas Asociacións do Camiño, inauguraron este sábado a mostra `Kumano Kodo. Camiño de peregrinación’. A exposición fotográfica componse de 37 fotografías en color e branco e negro dos fotógrafos Luis Gago e Aoife Ni Dhubhda. As imaxes foron tomadas en Wakayama en Xapón no outono de 2017 e na primaveira de 2018 cando percorreron a rede de camiños coñecida como Kumano Kodo. A mostra, por tanto, busca achegar a beleza…
A corporación municipal de Padrón deu onte, en sesión plenaria, luz verde ao proxecto de Prevención de drogodependencia dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 18 anos, que desenvolverán cos concellos de Rois, Dodro e Valga. Cunha subvención de case 72.000 euros por parte da administración autonómica e a aportación dos catro gobernos locais, porán en marcha a contratación de dous técnicos de prevención que durante os próximos anos desenvolverán varios programas de prevención, visitarán e atenderán ao alumnado das diferentes escolas destas catro localidades, e responsabilizaranse do programa específico para prever o consumo de drogas duras e…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Agueira, acompañou esta tarde á conselleira de Política Social, Fabiola García, para mostrarlle o proxecto de construción da futura residencia de maiores municipal. A Xunta colaborá no financiamento deste novo centro para persoas da terceira idade. A previsión da conselleira de Política Social é que neste primeiro trimestre do ano se firme o convenio entre Concello e Administración autonómica para materializar este compromiso, que posibilitará, en primeiro lugar, a redacción do proxecto. O centro, que contará con 3600 metros cadrados e 60 prazas, será posteriormente de xestión municipal. O rexedor destacou nesta xornada a…
A XVIII Carreira 10 K de Padrón xa está en marcha, onte abriuse a inscrición para todos aqueles interesados en participar, e esta mañá o Concelleiro de Deportes, acompañado por varios membros da corporación local, presentou o cartel oficial da Carreira. O prazo de inscrición de participantes pecharase o mércores 12 de febreiro de 2020 ás 23:59 horas, e poden realizarse a través da web www.emesports.com . A inscrición é gratuíta ata os 16 anos, e os adultos deberan aboar unha taxa de 6 euros. Se queres consultar o regulamento, pódese facer na seguinte ligazón. As categorías establecidas para esta…
A Corporación local de Padrón celebrou esta mañá un pleno extraordinario para aclarar o estado dos procesos de licitación de varios servizos municipais. Ante as preguntas do Grupo Socialista, o alcalde explicou como dende que están no Goberno tiveron que dar resposta a “contratos de anos anteriores”, o que retrasou algún proceso, se ben, a pesar desta situación, o equipo do executivo local puxo en marcha numerosos proxectos e contratos durante os últimos anos. Antonio Fernández recalcou que en todos os casos “a intención é licitar canto antes”, aínda que puntualizou que este proceso “non sempre asegura o prezo máis…
Páxina 49 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…