Novas recentes

 Concello de Padrón está preparando a desescalada e deseñando medidas e plans de axuda para os diferentes sectores económicos da vila. Unha das primeiras medidas que tomaron é a de entregar biombos protectores de cristal templado para instalar en tendas, farmacias, perruquerías, droguerías, carnicerías, etc. En total, hai encargadas 115, e nas vindeiras semanas comezará o reparto. Por outra banda, o vindeiro 28 de maio o equipo de goberno presentará no Pleno unha iniciativa para a súa aprobación na sesión plenaria sobre a exención de pago de terrazas para bares e restaurantes da vila.   O executivo local está a preparar…
O Concello de Padrón reabre o seu tradicional mercado dominical, pero como un mercado de mero aprovisionamento. Tal e como establece a norma autonómica, só poderán abrir os postos de produtos agroalimentarios, polo que o mercado de Padrón reducese ao 10% da súa capacidade habitual, con case 50 postos. O equipo de goberno de Padrón encargou ao GES a limpieza e desinfección do espazo no que se desenvolverá este atípico mercado antes e despois da celebración do mesmo. Ademais, o alcalde e os concelleiros coordinaron un equipo de vixilancia, formado pola Policía Local, dous vixiantes, Protección Civil e o GES,…
O Concello de Padrón comeza hoxe o reparto dun total de 8.000 máscaras cirúrxicas tipo IIR entre a cidadanía de Padrón coa colaboración do Servizo Postal de Correos de Padrón. Trátase dun pedido realizado con antelación polo equipo de Goberno local, fai aproximadamente un mes, pero que por distintas trabas administrativas derivadas da situación de emerxencia en España, non pudieron ser suministradas ata o de agora. Estas 8.000 máscaras sumanse ás 1.250 que envíou previamente ao Concello de Padrón a Deputación Provincial da Coruña.  Porén, dende o 14 de marzo, día no que se decreto o estado de alarma en…
Ao longo destes meses o Concello de Padrón contabilizou un total de 32 casos de persoas contaxiadas, segundo as cifras facilitadas polo equipo médico responsable dende o Centro Médico municipal. Actualmente hai 12 casos activos, 18 persoas que estiveron contaxiadas por coronavirus xa foron dadas de alta e dúas faleceron.  Dende o inicio do estado de alarma, os distintos departamentos do Concello de Padrón despregaron todos os seus recursos para a xestión desta crise sanitaria. Na xornada de hoxe, por exemplo, comezou o reparto de máscaras cirúrxicas entre toda a poboación da vila. Nos primeiros días, o equipo de goberno…
A Deputación Provincial da Coruña pon en marcha a campaña "Estamos contigo: a violencia de xénero parámola unidas", a través da que se resumen todos os recursos de prevención da violencia de xénero en situación de confinamento polo COVID-19 que ofrecen o Ministerio de Igualdad e Igualdade na Rede da Xunta de Galicia.  Aquí podes consultar toda a información desta camapaña. 
A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) e a Universidade de Vigo doaron un lote de batas para persoal sanitario e asistencial aos municipios de Padrón, Dodro e Rois. As prendas foron confecionadas de forma altruista polas empresas galegas Coasa, Ana Muñiz, Dalot e PinFactory. A iniciativa estivo coordinada e posta en marcha por Asime e UVigo, que uniron forzas dende o inicio da crise para impulsar iniciativas conxuntas da man do técido empresarial en loita contra o coronavirus. O alcalde de Padrón, e os de Rois e Dodro acudiron en persoa a recepcionar a entrega na tarde do…
O Concello de Padrón comezou a entregar material escolar a todos os nenos e nenas nos seus domicilios en coordinación cos centros escolares. A primeira entrega realizouse a semana pasado ao alumnado de dúas das catro escolas unitarias de Padrón. Dada a situación de emerxencia sanitaria xerada pola propagación do COVID 19, os centros educativos decidiron entregar todo o material que os rapaces e rapaces destes centros tiñan nas aulas. Así, ao longo desta mañá os docentes prepararon as entregas, e posteriormente o equipo de Protección Civil realizou as entregas nos domicilios dos nenos e nenas. A vindeira semana realizarase…
O Alcalde de Padrón e todos os concelleiros do equipo de Goberno local darán o 30 por cento da súa nómina correspondente ao mes de abril ao departamento de Servizos Sociais do Concello para, deste xeito, axudar ás familias con menos recursos da vila de Padrón na loita contra o virus COVID-19. O alcalde explicou que “o obxectivo é incrementar a partida destinada a Servizos Sociais nun momento determinante, no que máis que nunca a cidadanía precisa a axuda das institucións”. Asimesmo, o rexedor destacou que tamén “é importante solidarizarse con todas aquelas persoas que perderon os seus ingresos, e…
O Ministerio de Consumo publica unha serie de infografías para asegurar as máximas garantías no consumo nestes días do estado de alarma e de situación de emerxencia sanitaria. Nos seguintes enlaces podes acceder aos carteis oficiais: Aquí.- Derechos del cosumidor Aquí.- Moratoria de hipotecas  Aquí.- Suministro Garantizado Aquí.- Prazos de devolución Aquí.- Contratación de servizos funerarios  Aquí.- Información sobre moratorias en créditos hipotecarios Aquí.- Información sobre Viaxes Aquí.- Quenes son os consumidores vulnerables? Aquí.- Qué facer se non chegaron as túas compras online. Aquí.- Información sobre ximnasios
Todas as medidas de precaución son moi necesarias neste momento para frear a expansión do coronavirus na nosa sociedade, e poder recuperar a normalidade. Por iso é necesario que todos dispoñamos da información correcta, e neste contexto a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) publica unha serie de infografías sobre como manter as máximas precaucións para evitar o contaxio do virus COVID-19. Neste documento explica cómo utilizar as mascarillas, aquí como tratar os residuos e neste como utilizar luvas e lavar as mans de xeito correcto. É importante manter unha hixiene adecuada e tomas as medidas de precaución recomendadas, ante…
Páxina 47 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…