-->

O Concello de Padrón entrega material escolar aos nenos e nenas da vila no seu domicilio

O Concello de Padrón comezou a entregar material escolar a todos os nenos e nenas nos seus domicilios en coordinación cos centros escolares. A primeira entrega realizouse a semana pasado ao alumnado de dúas das catro escolas unitarias de Padrón. Dada a situación de emerxencia sanitaria xerada pola propagación do COVID 19, os centros educativos decidiron entregar todo o material que os rapaces e rapaces destes centros tiñan nas aulas. Así, ao longo desta mañá os docentes prepararon as entregas, e posteriormente o equipo de Protección Civil realizou as entregas nos domicilios dos nenos e nenas. A vindeira semana realizarase o mesmo procedemento co alumnado dos CEIP Rosalía de Castro e o CEIP Flavia. O concelleiro de Emerxencias, Ángel Conde, destacou “a importante labor que están a desenvolver dende Protección Civil durante esta crise, e a necesidade de traballar unidos e coordinados”.

 

O CEIP Flavia emitiu estes días un comunicado no que se indica que o prazo para poñerse en contacto cos titores dos seus fillos e fillas remata o martes 21 de abril ás 12:00 horas, e que é necesario dar o consentimento para que o centro educativo facilite os enderezos e teléfonos a Protección Civil para o reparto. Pola súa parte, o CEIP Rosalía de Castro, solicita que se algunha familia non quere que se faciliten os datos á Protección Civil se poña en contacto co colexio a través do email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., e sinalan que o reparto iniciarase a partir do xoves 23 de abril. Podes consultar toda a información nas súas páxinas web (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliapadron/ e https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipflavia/ ).

 

 

Dende o inicio do estado de alarma, dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Padrón estase axudando coa educación dos seus fillos e fillas a aquelas familias que carecen de recursos ofimáticos ou que non teñen conexión a internet. Dende que comezou o confinamento, os centros educativos envían material ao seu alumnado a través das novas tecnoloxías da información, e nos casos das familias máis vulnerables o equipo de Servizos Sociais realiza as impresións dos recursos educativos enviados polos docentes para posteriormente entregalos no domicilio destas familias ou pactar a recollida cos pais e nais destes nenos e nenas. Servizos Sociais está volcado cos familias máis vulnerables do concello de Padrón.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…