-->

O Concello de Padrón retoma o mercado dominical ao 10% da súa capacidade

O Concello de Padrón reabre o seu tradicional mercado dominical, pero como un mercado de mero aprovisionamento. Tal e como establece a norma autonómica, só poderán abrir os postos de produtos agroalimentarios, polo que o mercado de Padrón reducese ao 10% da súa capacidade habitual, con case 50 postos. O equipo de goberno de Padrón encargou ao GES a limpieza e desinfección do espazo no que se desenvolverá este atípico mercado antes e despois da celebración do mesmo. Ademais, o alcalde e os concelleiros coordinaron un equipo de vixilancia, formado pola Policía Local, dous vixiantes, Protección Civil e o GES, para garantir que se cumpren todas as normas de seguridade e de hixiene durante o transcurso do mercado. O alcalde de Padrón sinalou que “é moi importante ir recuperando a actividade económica pouco a pouco, pero sempre coas máximas precaucións e extremando as medidas de protección hixiénico-sanitarias”.

 A Xunta de Galicia permitiu dende o 4 de maio a reapertura dos mercados de proximidade, en función do avance temporal do estado de alarma e da constatación de datos de evolución positiva na loita contra a pandemia do coronavirus. O Consellería de Medio Rural publicou unha modificación da Orde do 24 de marzo para posibilitar a apertura destas feiras. Se ben, os mercados locais só poderá vender produtos agroalimentarios e os postos deberán cumprir unha serie de normas específicas para que o desenvolvemento desta actividade non supoña ningún risco para a saúde. Do mesmo xeito, o aforo e o número de postos deben reducirse para evitar riscos para a saúde pública. Así, debe garantirse unha limitación ao 25% dos postos habituais ou autorizados e unha afluencia inferior a un termo do aforo habitual. Os postos deberán separarse por unha vía de transito e cunha distancia mínima entre eles de 6 metros, permitíndose unha separación mínima de 4 metros entre os laterais. As persoas vendedoras deberán gardar entre si unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física. Ademais recoméndase aos responsables dos postos poñer a disposición da clientela luvas desbotables, e é indispensable para tocar os produtos en venda. Tamén se recomenda contar con dispensadores de xel desinfectante para uso, tanto dos vendedores como dos usuarios.

 Pola súa parte, a Policía Local de Padrón lembra aos usuarios que queda prohibido estacionar entre as 07:00 e as 15:00 horas na zona do Souto, espazo no que habitualmente todos os domingos se celebraba este mercado en Padrón.

Mercaproximidade

 Os pequenos produtores poderán seguir tamén vendendo os seus alimentos a través da canle de comercialización Mercaproximidade, impulsada pola Xunta nestes tempos de emerxencia sanitaria. Esta nova fórmula de venda permite dar saída aos excedentes de pequenos agricultores e gandeiros que tiñan as súas principais canles de venda pechadas, é dicir, a hostalaría e a restauración. Polo tanto, son actividades e fórmulas de venda totalmente complementarias.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…