-->

O Alcalde de Padrón e o seu equipo de goberno doarán o 30% do seu salario para axudar as familias con menos recursos

O Alcalde de Padrón e todos os concelleiros do equipo de Goberno local darán o 30 por cento da súa nómina correspondente ao mes de abril ao departamento de Servizos Sociais do Concello para, deste xeito, axudar ás familias con menos recursos da vila de Padrón na loita contra o virus COVID-19.

O alcalde explicou que “o obxectivo é incrementar a partida destinada a Servizos Sociais nun momento determinante, no que máis que nunca a cidadanía precisa a axuda das institucións”. Asimesmo, o rexedor destacou que tamén “é importante solidarizarse con todas aquelas persoas que perderon os seus ingresos, e coas empresas e cidadáns que están facendo doazóns”. A súa contribución será do 30% de cada un dos seus soldos, e detraerase da nómina do mes de abril. Tratase dunha medida temporal no marco dunha situación de emerxencia sanitaria derivada da propagación do coronavirus.

Dende o departamento de Servizos Sociais sinalan que o número de incidencias e emerxencias que deben atender na actualidade aumentou en máis dun 50% dende que se decretou o estado de alarma, pois agora son máis as familias que teñen problemas para facer fronte aos gastos habituais, como o pago do alquiler, a luz ou a auga, e tamén son máis as familias que demandan axuda para a merca de alimentos. O equipo de Servizos Sociais explica que moitas son necesidades moi urxentes, que requiren dunha resposta inmediata, polo que a partida económica destinada a este departamento triplicou as súas necesidades. As facturas do mes de marzo demostran un incremento de máis do 75% do importe que acaparaban as acción de emerxencia social antes da crise provocada pola pandemia do Covid-19.

O executivo local, máis ala desta doazón, traballa de xeito incansable polo benestar e seguridade da cidadanía de Padrón, e, en consecuencia, intenta manter un contacto directo coa poboación, e organiza e coordina o traballo dos distintos organismos municipais na xestión desta crise sanitaria.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…