Todas as medidas de precaución son moi necesarias neste momento para frear a expansión do coronavirus na nosa sociedade, e poder recuperar a normalidade. Por iso é necesario que todos dispoñamos da información correcta, e neste contexto a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) publica unha serie de infografías sobre como manter as máximas precaucións para evitar o contaxio do virus COVID-19.
Neste documento explica cómo utilizar as mascarillas, aquí como tratar os residuos e neste como utilizar luvas e lavar as mans de xeito correcto. É importante manter unha hixiene adecuada e tomas as medidas de precaución recomendadas, ante calquera dúbida lembra que o teléfono de información habilitado pola Xunta de Galicia é o 900 400 116.
#EsteVirusParámoloUnidos