-->

Ábrese o prazo para que os particulares soliciten as axudas destinadas a corrixir o impacto paisaxístico

  • Teñen ata o 19 de febreiro //

  • Subvenciónanse ata o 70% das actuacións, cun límite de 3.000 euros //

  • As obras comprenden o revestimento e pinturas de fachadas sen rematar, o acondicionamento de peches ou a substitución de celosías //

Este mediodía ábrese o prazo para que os particulares poidan solicitar as subvencións destinadas a corrixir impactos paisaxísticos. As axudas cubrirán ata un 70% do importe da actuación, cun límite máximo de 3.000 euros. O prazo de solicitudes péchase o 19 de febreiro.

Ademais dos particulares, os concellos tamén poden solicitar axudas para combater o feísmo. Neste caso, ábrense dúas liñas diferentes, destinadas, por un lado, a equipamentos municipais, e polo outro, a fontes, lavadoiros, palcos da música, hórreos e otras construcións vencelladas a servizos públicos. En cada una destas dúas liñas de achegas, o importe máximo da subvención ascende a 20.000 euros. Os concellos poderán presentar as solicitudes ata o 28 de febreiro.

A convocatoria destas novas achegas, publicada no DOG do mércores 19 de xaneiro, comprende unha partida de 1,6 millóns de euros, dos cales se destinan un millón de euros para propietarios individuais e otros 600.000 euros aos concellos. No caso dos particulares, compréndense nas actuación as obras de revestimento e pintura de fachadas sen rematar; a renovación dos acabados e remates exteriores de edificacións e vivendas, incluíndo cubertas; o acondicionamento de peches de fincas e muros de cerramento ou a substitución de celosías.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta. O código de procedemento é o MT402A. Para cobrar a subvención, a persoa beneficiaria haberá de xustificar os traballos realizados con data límite o 30 de setembro de 2022.

Podes consultar aquí a convocatoria para persoas físicas publicada no DOG.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…