-->

Padrón organiza un amplo e diverso programa de actividades para celebrar o Día do Orgullo

Ao longo do mes de xuño celebraranse un obradoiro, un videofórum, actividades infantís, un concerto e unha exposición || 

A campaña ‘Padrón con orgullo’ chegará de novo aos locais de hostalería e comercios para visibilizar e apoiar a diversidade ||

 

Baixo o lema Padrón con orgullo, o Concello de Padrón preparou unha completa programación con motivo do Día do Orgullo LGTBIQ+, que se celebra cada 28 de xuño. Este conxunto de actividades, deseñado para celebrar e promover a diversidade e a igualdade, terá lugar ao longo do mes de xuño e inclúe un obradoiro, un videofórum, actividades infantís, un concerto e unha exposición.

A programación comezará o martes 4 de xuño ás 18:00 horas coa realización do obradoiro "Diversidade e avances lexislativos" na aula de formación do Centro Social. Esta actividade, destinada á formación interna da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero (MLC), será impartida por ALAS A Coruña.

O venres 14 de xuño, ás 20:00 horas, o Auditorio de Padrón acollerá un videofórum coa proxección da película 20.000 especies de abellas, unha obra galardoada con tres premios Goya e cun Oso de Plata na Berlinale. Este evento, aberto a toda a cidadanía, contará cun coloquio posterior moderado tamén por ALAS A Coruña, favorecendo un espazo de reflexión e debate sobre as temáticas abordadas no filme.

O día grande das celebracións será o venres 28 de xuño. Ás 17:00 horas, no Campo do Souto, os máis pequenos poderán gozar de inchables de auga e dunha festa da espuma, unha actividade de balde que busca fomentar a diversión e a inclusión dende a infancia. Xa pola noite, ás 22:00 horas, a Rúa Tetuán converterase no escenario dun concerto da banda The Tetas' Van. Antes do inicio da actuación, terá lugar a lectura do manifesto institucional, reafirmando o compromiso do Concello coa igualdade e cos dereitos LGTBIQ+.

Ao longo do mes de xuño, a Praza da Igualdade acollerá a exposición "Referentes LGTBIQ+ en Galicia", que destacará figuras importantes do colectivo en Galicia, promovendo a visibilidade e o recoñecemento destas persoas. Ademais, a partir do 17 de xuño, os locais de hostalería e comercio de Padrón poderán recoller, de balde, os manteis da campaña Padrón con orgullo no local do CIM Terras de Iria. Esta iniciativa busca visibilizar e apoiar a diversidade dende os propios establecementos locais.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…