-->

O taboleiro de anuncios electrónico do Concello de Padrón xa está en funcionamento

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou este luns un decreto do Alcalde de Padrón no que se recolle a posta en marcha do taboleiro de anuncios electrónico.  Así, esta plataforma actuará de forma complementaria ao espazo presencial existente.  O novo sistema aloxarase na sede electrónica do Concello –sede.padron.gal-, o acceso non requirirá ningún mecanismo especial de acreditación da identidade do cidadán e publicarase na sede electrónica do Concello. A partir de agora, a publicación de actos e comunicacións que debían publicarse no taboleiro de edictos municipal, poderá ser substituída ou complementada pola súa publicación no taboleiro de anuncios electrónico. Así, o taboleiro de anuncios electrónico dispoñerá dos sistemas e mecanismos que garantan a autenticidade, a integridade e a dispoñibilidade do seu contido. Estará dispoñible as 24 horas do día, todos os días do ano, a través da sede electrónica, e se por razóns técnicas non puidese estar operativo, deberase informar aos usuarios con antelación suficiente, indicando cales son os medios alternativos de consulta.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…