-->

Os maiores de 50 anos poderán acceder a un programa do IV Ciclo da Universidade de Santiago en Padrón

A Universidade de Santiago e o Concello de Padrón asinaron un convenio para ofertar o IV Ciclo do Programa “Camiños de Coñecemento e Experiencia” que comezará no mes de marzo nas dependencias do Centro Social do Concello, dirixido a persoas maiores de 50 anos.

A formación programada abrangue tres seminarios  cada un deles dunha sesión de 90 minutos teórica de 17:00 a 18:30 horas no auditorio municipal e unha sesión práctica cunha saída.

O primeiro seminario será o 13 de marzo cunha temática máis científica como é o “Cambio climático, ou o que podemos perder” impartido por Xurxo Proupín Castiñeiras Profesor da USC da facultade de Físicas, cunha saída onde se reflicte o contido do seminario que será o 20 de marzo que neste caso será a estación da depuradora de augas  residuais do Concello de Padrón

O segundo seminario o 23 de marzo é referido a área humanística“a relixiosidade da Idade Moderna a través dos exvotos do Santuario da Escravitude” impartido por Anxo Rodríguez Lemos, investigador e docente da Facultade de Xeografía e Historia da USC. A parte práctica deste seminario será unha visita ao Santuario a súa contorna e interior o 24 de marzo

O terceiro seminario será o 25 de marzo e ten por obxecto a área artística e en concreto a música impartida pola docente Dona Laura Touriñán Morandeira, investigadora e docente da USC. A parte práctica será a asistencia ao concerto “Bethoven: Ayer y hoy” no auditorio de Galicia en Santiago

Este programa pretende contactar ás persoas maiores coa formación Universitaria. Tanto aquelas que non puideron ir a universidade como as que foron e teñen inquedanzas universitarias.

O programa será totalmente gratuíto para o alumnado que debe realizar a matricula de inscrición no Centro Social do Concello de Padrón no departamento de maiores. 

Aquí puedes consultar el programa completo. 

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…