Novas recentes

O Concello de Padrón lamenta informar de que este ano non organizará a tradicional cabalgata de Reis, como medida de prevención diante do aumento de casos de Covid-19 nas últimas semanas e que teñen ao municipio en situación de vixilancia especial por parte do comité clínico da Consellería de Sanidade. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, explica que “tiñamos preparado facer unha cabalgata polas parroquias para así evitar aglomeracións pero diante do aumento de casos e seguindo os consellos das autoridades sanitarias finalmente tomamos a decisión de non facela este ano para evitar riscos e previr a extensión do virus”.…
O Concello de Padrón apela á responsabilidade individual de cada persoa do municipio para mellorar a situación epidemiolóxica no termo municipal. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, explica que “a día de hoxe contamos con 26 casos activos no municipio, o que fixo que o comité clínico da Consellería de Sanidade incluíra a Padrón no listado de concellos con vixilancia especial. Isto demostra que non podemos relaxarnos e temos que seguir cumprindo todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica en Padrón e evitar tamén o incremento das restricións”. Na actualidade, Padrón está no…
A Casa de Papa Noel abre as súas portas no Concello de Padrón para que o propio Santa Claus reciba aos nenos e nenas da vila a mañá do 24 de decembro. O departamento de Cultura deseñou un espazo decorado no Auditorio Municipal para manter a ilusión do Nadal entre os máis pequenos. Aínda que por motivos de seguridade sanitaria, asa crianzas non poderán sentarse con Papa Noel para revelarlle as súas peticións, si que poderán velo neste espazo e falar con el na distancia. A actividade terá lugar entre as 10:00 e as 13:00 horas, e xa hai 54…
A concellaría de Servizos Sociais do Concello de Padrón presenta o programa de conciliación para axudar as familias padronesas durante o período de vacacións do Nadal. O programa terá lugar na antesala do Auditorio Municipal, en horario de 10:00 a 14:00 horas, durante os días 23 ,24, 28, 29, 30 e 31 de decembro e o 4 de xaneiro. Para a organización desta actividade o equipo responsable tivo en conta a normativa e as recomendacións das autoridades sanitarias para garantir a seguridade dos nenos e nenas participantes. “O obxectivo deste programa é dotar de facilidades a nosa veciñanza para organizarse…
Un total de 40 establecementos comerciais e de 24 particulares presentaron a súa candidatura ao I Concurso de Decoración de balcóns, fiestras, escaparates e fachadas do Concello de Padrón. A iniciativa deste concurso, titulado ‘Nadal na Rúa’, xurdiu dende a concellaría de Turismo co obxectivo de dinamizar as rúas e xerar un ambiente festivo coa implicación da cidadanía. Lorena Couso, concelleira de Turismo, sinalou que “este tipo de proxectos son hoxe más necesarios que nunca para preservar a tradición do Nadal e para que a nosa veciñanza se anime a saír e a mercar e consumir nos nosos establecementos”. Tras…
O Concello de Padrón e a Asociación Hostalería de Padrón organizan, en colaboración coa Asociación de Fans de Lego de Galicia, unha exposición de modelos construídos exclusivamente con figuras de Lego. A mostra componse da representación dunha cidade construída con pezas Lego e a reprodución de  naves e personaxes icónicos de Star Wars. A exposición inaugurarase o domingo 13 de decembro e poderase visitar no edificio da Sociedade Cultural Padronesa todos os días ata o 20 deste mes en horario de tarde, entre as 16:00 e as 20:00 horas. Asemade o domingo 20 de decembro terá lugar un concurso de…
O Concello de Padrón presenta a programación de Nadal, con numerosas actividades de ocio e cultura organizadas en base as medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias recomendadas pola autoridades sanitarias pola pandemia da Covid-19 . O pistoletazo de saída chegará da man de Grupo Talía Teatro coa representación da peza teatral ‘Lambetadas’ para público infantil e familiar o venres 4 de decembro ás 18:00 horas. Na mesma xornada, ás 20:00 horas na praza de Macías terá lugar o alumeado de Nadal. O mércores día 9 inaugurarase o mercado de Nadal cos seus tradicionais postos de venda e, nesta ocasión se as…
O Concello de Padrón elaborou unha nova Revista Municipal coa que estar máis preto da cidadanía para que a información de interese local chegue a todos e a todas.   Descarga aquí a primeira edición deste mes de decembro, no que poderas consultar toda a programación do Nadal. 
O Executivo local do Concello de Padrón someteu a votación en sesión plenaria o proxecto inicial da Relación de Postos de Traballo municipal e a proposta saíu adiante cos votos a favor do Partido Popular, a abstención dos concelleiros do PSOE e de Compromiso por Galicia e o voto en contra da edila do BNG . Os responsables da redacción deste proxecto mantiveron unha negociación cos sindicatos dos traballadores municipais a través da convocatoria de cinco encontros, se ben continuarán mantendo un contacto fluído nos vindeiros meses.  A relación de postos de traballo deseñada recibiu o informe favorable tanto do…
O Executivo do Concello de Padrón, liderado por Antonio Fernández Angueira, presentou en sesión plenaria unha proposta de acordo para modificar a ordenanza municipal que regula a prestación do servizo público da escola infantil co obxectivo de instaurar a gratuidade de atención educativa de 0 a 3 anos a partir do segundo fillo ou filla, sempre que o primeiro non supere os 18 anos de idade. Asemade, o equipo de goberno padrones propón que as familias de acollida con medida de tutela ou garda teñan unha exención total da cota de atención educativa. A votación foi favorable para esta proposta…
Páxina 40 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…