-->

O período de inscrición do programa de conciliación de Nadal xa está aberto

A concellaría de Servizos Sociais do Concello de Padrón presenta o programa de conciliación para axudar as familias padronesas durante o período de vacacións do Nadal. O programa terá lugar na antesala do Auditorio Municipal, en horario de 10:00 a 14:00 horas, durante os días 23 ,24, 28, 29, 30 e 31 de decembro e o 4 de xaneiro. Para a organización desta actividade o equipo responsable tivo en conta a normativa e as recomendacións das autoridades sanitarias para garantir a seguridade dos nenos e nenas participantes.

“O obxectivo deste programa é dotar de facilidades a nosa veciñanza para organizarse nestas datas, nas que a veces é moi complicado atender ás necesidades familiares e profesionais. Trátase dun servizo consolidado nos periodos vacacionais e que, nesta ocasión, se desenvolveu tendo en conta as medidas de seguridade sanitarias”, explicou Antonio Fernández Angueira, alcalde do Concello de Padrón. 

As actividades plantexadas están pensadas para nenos e nenas de distintos grupos de idade, que comprenden entre os 3 e os 12 anos. Para solicitar unha praza neste programa é preciso que as familias solicitantes estean empadroadas no Concello de Padrón. Asemade, aquelas unidades familiares nas que os dous progenitores traballen terán preferencia á hora de acceder a unha praza para o seu fillo ou filla.

A inscrición debe realizarse entre o 14 e o 22 de decembro, a solicitude pode recollerse no departamento de Servizos Sociais e posteriormente entregala no Rexistro municipal. Tamén se pode realizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…