Novas recentes

Por primeira vez o Concello de Padrón ofertou clases do IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela, cursos que a organización ofrece para persoas maiores de 50 anos. En total participaron 20 alumnos e alumnas, que asistiron aos seminarios teórico e prácticos do programa ‘Camiños de coñecemento e experiencia’. A partir dun convenio de colaboración que asinaron a Universidade de Santiago e o Concello de Padrón as persoas maiores de 50 anos puideron desfrutar gratuitamente en Padrón de seminarios nos que se abordou o mediambente, a relixiosidade da Idade Moderna e arte e música.  Os seminarios deste ciclo ían…
O  concellaría de Turismo do Concello de Padrón recompila e analiza todos os datos da enquisa realizada online no marco do Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado por este departamento. Os resultados da fase de consulta mostran que tanto a comunidade local coma os axentes implicados apostan por un modelo de turismo sostible. As propostas trasladadas a través desta enquisa reflexan que a cidadanía quere que dende o Executivo local se traballe en iniciativas para consolidar Padrón coma un destino verde e sostible no que as actividades ao aire libre e en contacto coa natureza teñan especial…
A concelleira de Servizos Sociais, Ana Luezas, mantivo esta mañá unha reunión coa presidenta da Asociación ACOUGO, Carmen Dourado, para adoptar un compromiso de colaboración para apoiar ás familias que  participan no programa de acollemento familiar.  Na actualidade no Concello de Padrón hai tres familias acolledoras -dúas con acollementos activos e unha en proceso-. En toda Galicia hai en total 329 familias acolledoras e 1.300 nenos e nenas en centros de acollida. Segundo ACOUGO o dato das familias acolledoras podería incrementarse se dende as administracións locais se desen facilidades. Así, a raíz do compromiso adquirido hoxe o Concello axudará a…
Os nenos e nenas de sexto de primaria do CEIP Flavia do Concello de Padrón recibiron esta mañá unha charla de sensibilización por parte do equipo de Xestión Ética do Abandono (XEA), a empresa responsable de todos os animais que son abandoados neste municipio. As mensaxes que buscaban transmitir  nestas sesións aos escolares poñen o foco, por unha banda, en que non se deben mercar mascotas, senos adoptar e, por outra banda, que os animais non son xoguetes, e se queres ter un debes estar moi seguro e saber que esixen que se lles adique tempo”. Actualmente o Concello de…
Co obxectivo de dinamizar a vila e de animar o rueiro do municipio de cara ao Nadal, o Concello de Padrón vén de dar luz verde en Xunta de Goberno Local ao primeiro concurso de decoración de balcóns, fiestras, escaparates e fachadas ao longo do municipio. O deseño desta iniciativa busca a participación activa da veciñanza e dos sectores do comercio e da hostalaría do Concello para crear unha imaxe global máis atractiva tanto para a veciñanza como para os visitantes. Os elementos decorativos de Nadal contribuirán así a embelecer e poñer en valor o patrimonio arquitectónico da vila.  Coa…
A concellaría de Turismo do Concello de Padrón vén de presentar unha memoria na que resume as conclusións das accións realizadas no marco do Plan de Reactivación dos sectores turísticos e comerciais e das propostas trasladadas por diferentes axentes sociais durante as entrevistas que a concelleira mantivo con estes. Trátase dun documento que servirá de punto de partida para novas iniciativas que se desenvolvan no futuro para insistir na promoción turística de Padrón. Lorena Couso, concelleira de Turismo, incidiu na necesidade de dar voz aos diferentes axentes implicados, posto que “colaborar enriquece sempre a ambas partes, e consideramos que esta…
A Unidade de Prevención de Condutas Aditivas de Padrón, Dodro, Rois e Valga pon en marcha unha nova campaña de sensibilización, que comezou na xornada de hoxe e se prolongará ata o vindeiro domingo 15 de novembro, día no que se celebra o Día Mundial Sen Alcohol. Nesta xornada o equipo desta entidade financiada con fondos municipais publicou unha infografía nas redes sociais -https://www.facebook.com/Unidade-de-Prevención-de-Condutas-Adictivas-DodroPadrónRoisValga-100257515041827- para concienciar dos efectos nocivos do alcohol para a saúde.  Ao longo desta semana instalaranse cartéis en espazos públicos e en edificios institucionais coma a Casa do Concello, a Casa da Cultura, o Auditorio Municipal, etc.…
O alcalde e a concelleira de Turismo do Concello de Padrón entregaron esta mañá no Salón de Plenos da Casa do Concello os premios aos establecementos hostaleiros que gañaron coas súas propostas gastronómicas os tres primeiros premios da edición de 2020 do ‘Saborea Padrón’. Os hostaleiros que participaron mostraron a súa satisfacción polos elevados índices de participación nesta edición, que estaba marcada polas adversas condicións meteorolóxicas e a situación de emerxencia sanitaria. Lorena Couso sinalou “a implicación destes establecementos con esta iniciativa municipal para dinamizar a nosa economía tivo a súa recompensa grazas a alta participación nesta edición que se…
O Concello de Padrón destina un total de 229.083,67 euros a axudas para persoas autónomas e microempresas radicadas no municipio. Estas subvencións inclúense dentro do Plan PEL Reactiva 2020, cofinanciado pola Deputación da Coruña. O principal obxectivo deste programa é impulsar a actividade económica e o emprego en Padrón e contribuír a paliar, na medida do posible, os danos derivados da pandemia da Covid-19, nas microempresas e autónomos, a través da financiación de gastos correntes. O alcalde de Padrón explicou que “dadas as actuais circunstancias dende o Executivo que dirixo consideramos imprescindible dotar de ferramentas e recursos aos nosos empresarios…
A concellaría de Turismo do Concello de Padrón desenvolve un proxecto para recompilar contos, lendas, ritos, costumes, usos sociais, actos festivos, coñecementos ancestrais ou técnicas de artesanía. Dende este departamento queren compoñer un banco de historias, no que se recolla toda a tradición oral que vive na memoria da cidadanía desta vila. O obxectivo é que todo ese patrimonio cultural inmaterial e vivo non se perda e que poida trasladarse ás futuras xeracións imprimindo un sentimento de identidade e de continuidade social. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, explica que “a iniciativa pretende reunir toda a información para xerar documentos…
Páxina 41 de 60

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…