Novas recentes
O Concello de Padrón e a Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO) formalizaron hoxe o seu convenio de colaboración, mediante o que se asentan as bases para o desenvolvemento de programas de atención, formación e difusión de sistemas de protección de menores e de acollemento familiar. Este compromiso de colaboración implica a realización de actividades conxuntas para a difusión, así como a creación de ferramentas de protección para as familias acolledoras. Deste xeito, no marco deste convenio o Executivo local axudarán ás unidades familiares de acollemento na realización de xestións e trámites para que os pequenos poidan ir aos…
O Concello de Padrón vén de fallar o VII Certame poético Rosalía de Castro a favor de Rafael Xesús Vilar González pola súa obra ‘O sal dos días’. O xurado valorou a estrutura, a coherencia temática, o simbolismo do territorio. “É un poemario lingüístico moi coidado. Ten vocación de conxunto”, destacan na acta de resolución . O xurado estaba integrado polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, como presidente, Lorena Couso, concelleira de Cultura; Anxo Angueira Viturro, profesor do departamento de filoloxía galega e latina da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro; Manuel Lorenzo Baleirón, mestre…
O equipo de Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Padrón realizou un total de 1.665 intervencións ao longo do 2020. Segundo a memoria elaborada pola concellaría de Emerxencias, o maior número de actuacións deste grupo estiveron relacionadas coa Covid-19, posto que o 38% do total estiveron relacionadas coas medidas de protección, a desinfección de espazos públicos e o apoio loxístico no control dos aforos e do cumprimento das normas de seguridade. En xeral, o persoal traballador deste servizo realizou 771 labores de prevención ao longo do exercicio, o que inclúe –ademais das accións relacionadas co coronavirus, que foron 637- inspeccións…
Ángel Rodríguez Conde, concelleiro do grupo municipal do Partido Popular do Concello de Padrón tras ser elixido nas eleccións locais do 26 de maio do 2019, renuncia ao seu cargo municipal por cuestións profesionais. Nesta mañá presentou ante o rexistro municipal o documento de renuncia ao seu cargo como concelleiro de Saúde Pública, Deportes, Protección Civil e Emerxencias, Tráfico, Persoal e Festexos. No escrito explica que, no marco da súa actividade laboral como Xefe de Brigada dos Bombeiros Forestais, recentemente xurdiulle unha nova oportunidade laboral. O novo posto ao que vén de incorporarse esixe unha maior dedicación e o traslado…
A Biblioteca Municipal de Padrón celebra o Día do Libro o vindeiro 23 de abril ás 17:30 horas cunha representación teatral no Auditorio Municipal. Sarabela Teatro presenta ‘O secuestro da bibliotecaria’, un espectáculo para público familiar co que o Concello padronés recupera a cultura segura. Dende o Departamento de Cultura e o persoal traballador da Biblioteca Municipal organizan este evento cultural cunhas estritas medidas de seguridade e un aforo reducido. As entradas son gratuítas e poden recollerse na Biblioteca Municipal a partir do luns 19 de abril en horario de 08:00 a 15:00 horas. Novo horario A Biblioteca Municipal de…
O Xardín Botánico-Artístico de Padrón estrea sinalización. O Concello instalou un total de 50 placas ao lado das distintas especies que constitúen este xardín para identificalas. Nos paneis aparece o nome en galego e o nome científico da planta e ademais inclúese un código QR que conduce á páxina web https://xardinbotanico.padronturismo.gal/es/. Nesta dirección os usuarios e usuarias poderán ampliar a información e descargar fichas técnicas das especies. Con estas 50 sinalizacións completase a primeira fase dun proxecto que seguirá executándose nos vindeiros meses. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, sinalou que “malia que pola pandemia da Covid-19 tivemos que parar…
Consulta aquí o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais do Concello de Padrón.
O Concello de Padrón outorga á actriz Rocío González Lorenzo o XIX premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva correspondente ao ano 2020. O xurado acordou por unanimidade recoñecer a traxectoria desta actriz, da que especialmente valoraron a súa capacidade de crear un personaxe complexo dende a contención no plano expresivo do personaxe de “Ada” en ‘Liberto’. O xurado tamén quixo destacar o compromiso da interprete na valoración dun modelo para o galego oral, así como a súa capacidade para implicarse en proxectos moi diferentes. O xurado, que se reuniu esta mañá para tomar esta decisión no Centro Social do Concello…
O comercio do concello de Padrón incrementa a súa visibilidade a través do marketplace impulsado pola concellaría de Turismo. No mes de setembro o equipo deste departamento lanzou unha nova plataforma online para promocionar os produtos e ofertas dos distintos establecementos de comercio do municipio. Trátase dunha iniciativa incluída no Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en conta o Plan de Acción Padrón 2017-2022. “Animo a todas as persoas que dirixen un comercio en Padrón a darse de alta nesta plataforma para mellorar as…
A veciñanza de Padrón eríxese como a máis comprometida coa doazón de sangue na comunidade galega. O concello de Padrón acadou a maior taxa de doazón de sangue de Galicia en 2020, cun total de 833 doazóns ao longo deste exercicio. Esta cifra representa 100 doazóns por cada 1.000 habitantes durante un ano, unha media moi superior á establecida pola Organización Mundial da Saúde –dun total de 40 doazóns por cada 1.000 habitantes-. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia vén de enviar unha carta de agradecemento ao Concello de Padrón pola “encomiable” colaboración da cidadanía, pola…