-->

O Concello de Padrón apela á responsabilidade individual para mellorar a situación epidemiolóxica do municipio

O Concello de Padrón apela á responsabilidade individual de cada persoa do municipio para mellorar a situación epidemiolóxica no termo municipal. O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, explica que “a día de hoxe contamos con 26 casos activos no municipio, o que fixo que o comité clínico da Consellería de Sanidade incluíra a Padrón no listado de concellos con vixilancia especial. Isto demostra que non podemos relaxarnos e temos que seguir cumprindo todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica en Padrón e evitar tamén o incremento das restricións”.

Na actualidade, Padrón está no nivel básico de restricións: permitidas agrupacións dun máximo de 6 persoas, restrinxida a mobilidade nocturna de 23:00 a 6:00 horas e hostalería aberta ata as 23:00 horas, co 50% do aforo no interior e o 75% no exterior. Fernández Angueira sinala que “non podemos baixar a garda neste fin de ano, polo que dende o Concello de Padrón facemos un chamamento á responsabilidade individual de cada persoa á hora de usar a máscara en todo momento, desinfectar as mans periodicamente e, sobre todo e por moito que nos custe nestas datas, manter a distancia de seguridade. Do noso comportamento hoxe depende que poidamos seguir celebrando moitas máis cousas todos e todas xuntos”.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…