Novas recentes

O sábado ás 18:00 horas os padroneses e padronesas teñen unha cita co arte na Casa de Rosalía en Padrón. A Asociación Etnográfica Sete Espadelas presenta a pasarela “Cando todos os camiños ían a Compostela. Os traxes do camiño”, un proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia no marco do programa Xacobeo 2021. Trátase dunha mostra itinerante organizada en diferentes concellos polos que transcorre o Camiño Portugués: Mos, Barro, Portas, Padrón e Santiago. A concelleira de Cultura, Lorena Couso, agradece a esta Asociación e a Casa Rosalía a iniciativa, que pon en valor o Camiño de Santiago e a Pedronía, así…
O Concello de Padrón xa ten todo a punto para celebrar unha nova edición de ‘Saborea Padrón’, que comezará a fin de semana do 23 ao 25 de outubro e a fin de semana do 30 de outubro ao 1 de novembro. Nesta nova edición participarán un total de 12 establecementos, que presentan unha proposta gastronómica composta por trece tapas. Trátase de elaboracións con base nos produtos máis apreciados da nosa terra, coas que os hosteleiros de Padrón buscan sorprender aos seus clientes. “Esta é unha gran oportunidade para mostrar o gran nivel da gastronomía padronesa, xa que os locais…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, xunto aos concelleiros de Emerxencias e de Obras, recibiu esta mañá a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no marco dunha visita para supervisar os traballos de estabilización dun noiro no río Sar ao seu paso por Estramundi de Abaixo en Padrón. A  actuación iniciouse no mes de xullo e xa están rematadas. Antonio Fernández Angueira resaltou a importancia deste tipo de actuacións para Padrón “é unha terceira actuación que fai Augas de Galicia neste espazo, o que minimiza en gran medida o risco de inundacións, e ademais co valor engadido de…
Este verán o Concello de Padrón recibiu a un total de 3.589 visitantes, o 52,2 % eran peregrinos, segundo os datos da Oficina de Turismo municipal correspondentes aos meses de xuño, xullo, agosto e da métade de setembro. No rexistro municipal contabilizáronse 1.875 peregrinos, se ben tamén hai que ter en conta os números da Igrexa Parroquial de Santiago de Padrón, posto que non todos os turistas visitan a Oficina de Turismo municipal. Así, as cifras que manexan dende o organismo relixioso sinalan que entre xullo e agosto Padrón acolleu a 7.023 visitantes, e destes un total de 4.394 facían…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, a concelleira de Turismo, Lorena Couso,  e o concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, recibiron esta mañá ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto. Os mandatarios mantiveron unha reunión na que o rexedor padronés expuxo unha proposta para adecuar a Casa dos Capeláns para desenvolver un proxecto relacionado co Camiño de Santiago. Nos vindeiros meses comezaran a perfilar este proxecto, no que xa hai puntos de encontro. O vicepresidente primeiro da Xunta sinalou que o Goberno galego traballará no acondicionamento das instalacións nos…
A Xunta de Galicia vén de planificar e licitar a través da Dirección Xeral os servizos de transporte público. Os novos horarios e as novas rutas están en vigor dende o sábado 19 de setembro, que é no momento no que comezaron a prestar servizo o grupo de novos contratos. Consulta aquí as novas rutas e horarios.
O Goberno municipal de Padrón leva meses traballando de forma intensa para axudar e acompañar aos diferentes axentes sociais e económicos da vila na complicada situación derivada da pandemia da Covid-19. Por iso, dende os diferentes departamentos do Concello puxéronse en marcha programas como o Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio para dinamizar a economía local, elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en conta o Plan de Acción Padrón 2017-2022. Neste contexto estase desenvolvendo un programa de acompañamento no que se inclúe a creación dun marketplace para dar visibilidade aos…
Os Concello de Padrón, Rois e Dodro colaboraron para poñer en marcha unha nova iniciativa co obxectivo de facilitar a incorporación ao mercado laboral de mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que estean desempregados. O Concello de Rois é o principal encargado de promover o obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020, para formar a 10 alumnos traballadores durante un ano na confección e publicación de páxinas web. O programa está dirixido a mozos e mozas de 18 a 30 anos que estean inscritos no Programa de Garantía Xuvenil e no Servizo de Emprego Público cos códigos…
O Concello de Padrón presentou unha ampla oferta deportiva para o curso 2020-2021 cun estrito protocolo de seguridade sanitaria pola situación xerada pola pandemia da Covid-19. A vindeira semana, o 21 de setembro, abrirase a convocatoria de matrícula para as persoas que estean empadroadas no Concello de Padrón, e a partir do día 28 abrirase para todo o público. O concelleiro de Deportes, Ángel Rodríguez, explicou que “durante os últimos meses traballaron intensamente para organizar estas actividades e, sobre todo, para adaptarse a todas as medidas das autoridades sanitarias e as necesidades dos padroneses e padronesas”. Así, o novo curso…
O Concello de Padrón leva semanas traballando nunha volta ao colexio segura para todos e todas. Nas últimas semanas, o concelleiro de Servizos realizou unha ronda de visitas polos diferentes espazos educativos do municipio para garantir que todo estaba en correcto estado para recibir de novo ao alumnado nas aulas. Neste contexto, realizouse tamén un traballo de roza e limpeza na contorna dos centros educativos. Trátase dunha actuación para poñer a punto estes espazos de cara ao curso escolar 2020-2021. Este ano, dadas as circunstancias especiais derivadas da pandemia da Covid-19, no Concello de Padrón todos os departamentos se implicaron…
Páxina 51 de 68

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…