-->

Padrón promove a identidade europea no terceiro encontro da rede de cidades celebrado en Malta

  • A xuntanza tivo lugar en Kirkop do 13 ao 16 de decembro

  • O alcalde Anxo Arca presentou unha iniciativa de crowfunding de biopsia líquida como exemplo de compromiso cívico

  • O proxecto liderado por Padrón no marco do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores continuará o seu percorrido en Polonia e Letonia

20231213 Encontro Malta 1

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou nun encontro europeo en Hal Kirkop, Malta, no marco do proxecto “Reforzando a identidade europea en tempos de crise” (Strengthening european identity in times of crisis). Esta iniciativa, financiada pola Unión Europea dentro do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV) da Rede de Cidades da UE, está liderada polo Concello de Padrón e ten como obxectivo promover a colaboración e a convivencia para avanzar cara ao futuro en común.

O proxecto, que conta cun financiamento de 145.000 euros por parte de Bruxelas, é o primeiro que a UE aproba a un municipio de Galicia no programa CERV. O seu enfoque principal é ofrecer oportunidades para coñecer os dereitos da cidadanía europea, os valores e normas democráticas comúns, así como reforzar o entendemento e impulsar unha boa gobernanza local.

O encontro en Hal Kirkop, Malta, do 13 ao 16 de decembro de 2023, foi unha oportunidade para compartir experiencias e boas prácticas no ámbito do compromiso cidadán. Reuniu a 76 participantes, incluíndo representantes de 16 países da UE, entre os que se atopaban políticos, educadores e funcionarios públicos.

Ademais do alcalde de Padrón, Anxo Arca, asistiron o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e o director da Escola de música de Padrón, Raúl Andrade, dado que a xuntanza de Malta resaltaba a conexión intrínseca entre a identidade europea e o patrimonio cultural. A súa participación reforzou o compromiso coa preservación e promoción das tradicións culturais locais, que desempeñan un papel vital na construción da identidade europea.

As actividades desenvolvidas durante o evento incluíron conferencias sobre a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a realidade das migracións no Mediterráneo, así como visitas a lugares de interese cultural en Malta.

Durante o encontro en Malta, Padrón tivo a oportunidade de dar a coñecer unha iniciativa de crowfunding de biopsia líquida. Esta campaña de Oncomet buscou financiamento para levar a cabo un proxecto centrado na biopsia líquida para xerar coñecemento e ferramentas útiles para oncólogos. A través deste proxecto, conseguiuse reunir un total de 762.365 euros, demostrando o compromiso e a solidariedade da cidadanía.

O proxecto europeo liderado por Padrón continúa o seu percorrido coa celebración de máis encontros noutras localidades europeas como Andrychow (Polonia) e Kekava (Letonia). A participación activa de Padrón nestes eventos subliña o seu compromiso da capital do Sar coa construción dunha Europa máis unida e inclusiva.

Máis información sobre o proxecto Reforzar a identidade europea en tempos de crisenesta ligazón.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…