Novas recentes
As rúas de Padrón convertéronse na xornada de hoxe nun fervedoiro de xente debido á chegada dun grupo de preto de 1.200 peregrinos pertencentes a Acción Católica General (ACG), que teñen previsto pernoctar en múltiples puntos da vila padronesa. Estes peregrinos seguen o Camiño Portugués e, tras celebrar esta tarde algunha actividade no Espolón e despois de pernoctar en Padrón, dirixiranse mañá cara Santiago de Compostela, onde teñen previsto celebrar a III Asemblea Nacional de ACG entre os días 3 e 6 de agosto. Desde a Concellería de Turismo lémbrase que os contactos desde o concello para que este…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, asinou esta mañá un convenio coas representantes da axencia Galicia es +, María Luisa Ferreiro e Minia del Río, en virtude do cal ambas entidades colaborarán na promoción de Padrón como destino turístico e na creación de produtos e paquetes específicos que permitan atraer máis visitantes. En virtude deste convenio, Galicia es +, como operador especializado na xestión do territorio para un uso turístico, comprométese a promocionar Padrón como destino turístico e a comercializar durante todo o ano produtos que inclúan ou transcorran por este termo municipal: excursións, escapadas, paradas, tours, itinerarios,…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, anunciou hoxe que o goberno local está a pechar os últimos detalles dos orzamentos municipais de 2017, que se caracterizarán fundamentalmente por "un importante incremento no gasto social", de xeito que as partidas destinadas aos servizos sociais e asistenciais e aos dependentes aumentarán máis dun 100%. Tras manter unha reunión de traballo con varios concelleiros do equipo de goberno e co interventor, o alcalde adiantou que o documento definitivo dos orzamentos estará rematado en datas próximas e anunciou que nese momento remitiralle unha copia aos grupos da oposición para que dispoñan de…
A concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso Dopazo, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, recibiron hoxe de mans do artista padronés Camilo Seira o deseño orixinal do cartel da Romaría de Santiaguiño do Monte, cuxa programación de actividades será presentada oficialmente o vindeiro venres. Ángel Rodríguez agradeceulle a Camilo Seira "a súa colaboración desinteresada coa Romaría de Santiaguiño do Monte mediante a elaboración do cartel" e louvou a súa traxectoria "como emerxente artista polifacético, con múltiples traballos pictóricos e escultóricos repartidos pola xeografía galega".
Galego
Español



