-->

A Feira Cabalar da Pascua repartirá 3.600 euros en premios e acollerá unha exhibición de doma adaptada

Incluirá concursos de poldros, eguas e sementais de Pura Raza Española, Pura Raza Árabe, Pura Raza Galega e cruzados // Carmina Bustelo afirma que o espectáculo de doma paraecuestre demostra “que non existen barreiras na hípica” //

Feira Cabalar Padron CartelO Concello de Padrón acollerá a tradicional Feira Cabalar o vindeiro 17 de abril, Domingo de Pascua, toda unha mañá de eventos e exhibicións arredor do cabalo. A Feira Cabalar, unha das citas máis atractivas da programación, celebrarase no Campo da Barca cun programa de actividades que conta coa colaboración da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega e Concursos Hípicos no Camiño.

A Feira Cabalar está chamada a ser unha das citas máis seguidas da Pascua padronesa. O evento repartirá 3.600 euros en premios, cinco por cada una das dez categorías. Os concursos comezan ás nove da mañá con certames morfolóxicos de poldros, eguas e sementais de Pura Raza Española, Pura Raza Árabe, Pura Raza Galega e cruzados. A inscrición para participar está aberta ata o 15 de abril ás 14.00h e pode facerse a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 689 419 722.

Despois do concurso chega o momento do espectáculo, coa celebración da primeira Exhibición de Doma Adaptada Concello de Padrón. Nela intervirán o compostelán Jonathan Barral Otero, xinete de doma clásica adaptada; e Lía Celemín Trevín, practicante de doma clásica. "Con este evento", explica a concelleira de Festexos, Carmina Bustelo Rial, "queremos mostrar que non existen barreiras na hípica. Calquera persoa pode practicar este deporte e gozar da fermosura de toda una disciplina olímpica".

Do atractivo da exhibición falan os currículos dos protagonistas. Jonathan Barral, xinete desde os seis anos, formou parte do equipo español que, por primeira vez, asistiu como tal a un Campionato do Mundo, en Hartpury (Inglaterra) en 2007; foi medalla de bronce nos Campionatos de España 2010 e 2012 e é un habitual dos Campionatos Galegos, nos que participou primeiro co Club Hípico Santiago e logo co de Cambre, da man do seu adestrador, Jesús Pinteño. Pola súa banda, Lía Celemín leva montando desde os 7 anos e foi subcampioa de Galicia en doma clásica no 2017. Participou en tres Campionatos de España coa súa actual montura, OVD Balboldo, e é profesora do Centro Ecuestre Pinteño.

A Pascua de Padrón e a Feira Cabalar van unidas de xeito indisoluble desde as orixes desta celebración histórica, que se remontan ao século XVII. A terras padronesas acudían naquel tempo tratantes de todos os puntos de Galicia e mesmo de Castela para facer os seus negocios nun evento que reunía a xentes de toda a contorna. Co paso do tempo, arredor da actividade comercial fóronse incorporando elementos culturais e deportivos, lúdicos e relixiosos, estes últimos pola coincidencia das datas de celebración da Semana Santa, tamén moi arraigada en Padrón. Todos estes ingredientes converteron a Pascua padronesa na primeira romaría importante do calendario festivo galego. A feira cabalar celébrase ininterrompidamente todos os anos, coincidindo coa Pascua de Resurrección.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…