-->

Alumnado do obradoiro de emprego xa rematou o empedrado da rúa Ferreiros

  • O cambio de pavimento con pedras de cantería compleméntase coa renovación de acometidas e pluviais

  • Continúan agora coa mellora nas redes de abastecemento e saneamento na rúa Traviesas

  • A Consellería de Emprego e Igualdade financia con 346.946 euros a formación de 20 persoas dos tres concellos da comarca do Sar

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, supervisaron o remate das obras realizadas polo alumnado do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2021, que veñen de colocar unha nova pavimentación na rúa Ferreiros e a súa comunicación ata a rúa longa, utilizando pedras de cantería. Agora continúan coa renovación na rede de abastecemento e saneamento na rúa Traviesas, que comunica a N-550 coa rúa Real.

Os traballos comezaron a principios deste ano na rúa Ferreiros, na que o alumnado traballador levantou as lousas existentes na rúa para colocar unhas novas pedras. Técnicos municipais supervisaron os traballos en todo momento, xa que no casco histórico de Padrón é habitual descubrir restos arqueolóxicos, para que os traballos respectaran a normativa de Patrimonio. 

Durante estas tarefas, en colaboración co Concello e coa empresa que xestiona a traída de augas, cambiáronse tamén algunhas acometidas de auga, así como a saídas de fecais e pluviais, para deixar toda a rúa en condicións óptimas.

Foto2 20220131 Obradoiro Emprego padron Traballando ALF3126

O obradoiro dual de emprego Comarca do Sar está financiado pola consellería de Emprego e Igualdade cunha achega de 346.946 euros. Nel estanse a formar 20 persoas desempregadas dos concellos de Padrón, Rois e Dodro. Este obradoiro ten dúas modalidades: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (con 10 persoas formándose) e o de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (con  outras 10 persoas). 

É precisamente esta segunda especialidade a que está a mellorar e cambiar o enlousado de diferentes rúas do casco histórico de Padrón. Rematados os traballos na rúa Ferreiros e a conexión coa rúa Longa, agora comezan coa renovación nas redes de abastecemento e saneamento na rúa Traviesas, tamén coñecida como calexa do Cuco (entre a N-550 e a rúa Real).

Foto1 20220119 OBradoiro Emprego Padron trabajando rua Ferreiros

Este obradoiro dual de emprego rematará a mediados de xullo deste ano. O concelleiro de Obras, José Ramón Pardo, conta con que os  traballos avancen a bo ritmo para poder cambiar o enlousado na rúa Fondo da Vila. Pardo Andrade xa adianta que o Concello de Padrón “vaille solicitar á Consellería outro obradoiro de emprego para continuar coa formación de persoas desempregadas do municipio e da comarca, xa que estas iniciativas son unha boa ferramenta para que se poidan incorporar ao mercado laboral. Ademais, permitiríanos seguir mellorando as rúas e a imaxe do casco histórico de Padrón”, asegura o tenente de alcalde.

Ademais destas actuacións no casco histórico, o alumnado-traballador que se forman en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes xa estiveron acondicionando e ampliando a franxa de seguridade nos accesos ao monte San Gregorio. Nesta zona fixeron tarefas de desbroce, limpeza e tala para ampliar os metros de seguridade contra incendios ao carón do camiño de acceso ao monte do Santiaguiño.

Foto3 20220302 Obradoiro Emprego padron Traballando ALF5069

Outro proxecto conxunto dos tres concellos

O alcalde Antonio Fernández Angueira, destaca a importancia da colaboración entre os concellos de Padrón, Rois e Dodro “para seguir mellorando a calidade da veciñanza e para poder acometer proxectos que, de xeito individual, sería inviable ou moito máis difícil”.

O alumnado traballador do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2021 está a acometer melloras tamén nos concellos de Rois e Dodro. Entre outras actuacións, en Rois están a acondicionar os entornos do local de veciños de Sorribas, da escola unitaria de Sorribas ou na dos Dices. En Dodro realiza melloras en diversas pistas forestais e no entorno dos hórreos de Lavandeira, Imo e Dodro.

Foto4 20220318 Alcalde visita obra rematada rua Herreros obradoiro Emprego padron2

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…