-
Repartirá medallas entre todas as persoas participantes, trofeos para os primeros clasificados e premios en metálico para os mellores clubes //
-
A saída tomarase de xeito gradual dende a Praza de Macías a partir das 10.45 horas //
-
Contará con doce categorías para todas as idades e poden participar atletas federados ou non //
-
A proba absoluta iniciarase ás 12.00 e cubrirá un circuíto de 13,3 quilómetros //
A Carreira Popular de Pascua abre hoxe, e ata o 13 de abril, a inscrición para a súa 41 edición. A proba, na que competirán atletas de todas as idades, desputarase o sábado 16 de abril coincidindo co comezo dos días grandes das Festas de Pascua e repartirá medallas entre todas as persoas participantes, ademais de trofeos para os primeiros clasificados e premios en metálico para os mellores equipos federados. A inscrición é gratuíta para os escolares e de 7 euros para a proba absoluta e realizarase a través da páxina web www.emersports.es.
A saída da XLI Carreira Popular da Pascua farase de xeito gradual dende a Praza de Macías a partir das 10.45 horas. Os primeiros en participar serán os corredores da categoría sub 6 (nados/as no ano 2017 e posteriores), que cubrirán unha distancia de só 100 metros. Dez minutos máis tarde, ás 10:55, sairán os sub 8 para correr 425 metros. Xa a partir das 11.05, farano os atletas sub 10, que percorrerán 625 metros. Será logo, ás 11.15 horas, a quenda das categorías sub 12 e sub 14 para facer dous quilómetros e das sub 16 e sub 18, que sairán ás 11.30 horas e correrán 3,5 quilómetros. A carreira absoluta, que engloba os sub 20, sub 23, sénior e máster, tomará a saída ao mediodía e terá un itinerario de 13,3 quilómetros.
A proba está aberta a atletas federados e non federados e haberá unha única clasificación conxunta para cada categoría, agás das sub 6 e sub 8 por non ser competitivas. Todas as persoas participantes recibirán un agasallo. Os escolares que crucen a liña de meta percibirán, ademais, unha medalla. Terán trofeo así mesmo os tres primeiros clasificados de cada categoría en competición (trofeo especial de Pascua na proba absoluta), o primeiro corredor local da proba absoluta, o participante de máis idade (trofeo supermáster) e o club con máis corredores que finalicen a proba (trofeo participación). Tamén se repartirán tres premios en metálico de 300, 200 e 100 euros para os clubes mellor clasificados, dacordo coa clasificación dos dez primeiros dos seus integrantes en cruzar a liña de meta.
Consulta as bases e formaliza a inscrición picando nesta ligazón.