-->

A recuperación ambiental do lugar da Ponte implica unha mellora paisaxística e enerxética

  • O alcalde, Antonio Fernández, visitou hoxe a zona coa directora xeral de Administración Local //

  • Os traballos de soterramento do cableado e os novos pavimentos e luminarias foron financiados cunha achega da Xunta de 38.600 euros //

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, inspeccionou hoxe as obras de mellora ambiental desenvolvidas no lugar da Ponte na compaña da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e que supuxeron un investimento de 38.600 euros aportados pola Xunta de Galicia.

Os traballos dedicáronse á limpeza, á recuperación e ao acondicionamento da contorna da ponte que une Padrón con Pontecesures, xunto a desembocadura do río Ulla. En concreto, grazas a achega da Xunta, soterráronse os cableados de iluminación, construíronse pavimentos exteriores a base de materiais sustentables como a pedra e o terrizo, e instaláronse luminarias de alta eficiencia coa fin de incrementar o aforro enerxético.

Durante a visita, Natalia Prieto subliñou que este tipo de proxectos de recuperación paisaxística teñen un efecto exemplarizante ao contribuír a concienciar tanto á veciñanza como ás entidades locais da necesidade de coidar a contorna. Neste sentido, Antonio Fernández, incidiu en que o Concello de Padrón leva tempo traballando na recuperación da zona da Ponte como un espazo de lecer.    

 WhatsApp Image 2022 03 21 at 13.53.40

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…