-->

Luz verde á proposta do Concello de Padrón para que a Pascua sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

  • Aprobada por Turismo, a declaración deberá ser ratificada agora polo Consello da Xunta //

  • O alcalde, Antonio Fernández, apela ao traballo ben feito e confía en que a gran celebración padronesa acade o recoñecemento que merece //

A Xunta de Galicia vén de comunicarlle ao concello de Padrón a decisión que tomou onte o Consello de Turismo de Galicia de apoiar a súa proposta para declarar a Pascua como Festa de Interese Turístico de Galicia. Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta e conselleiro de Turismo, felicitou ao alcalde de Padrón, Antonio Fernández, por este primeiro paso de cara á lograr a devandita declaración, que deberá ser ratificada agora polo Consello da Xunta.

“A proposta do Consello de Turismo demostra que o traballo ben feito ten a súa recompensa”, sinalou o alcalde, quen incidiu en que o goberno municipal leva catro anos loitando para que as Festas de Pascua sexan consideradas de interese turístico. “Reúnen todos os requisitos para logralo e estou seguro de que a declaración se converterá en definitiva de xeito que as Festas de Pascua acaben de ter o recoñecemento que merecen”, dixo.

Antigüidade, singularidade, arraigamento, accións promocionais, valor cultural e continuidade no tempo son os méritos esixidos e que cumpren as Festas de Pascua, que teñen acreditada a súa existencia, con variacións para adaptarse aos tempos, dende comezos do século XVIII co gallo da coincidencia da celebración do Domingo de Resurrección co mercado dominical padronés e cunha das feiras cabalares e de gando máis importantes de Galicia.

festa web

Hoxe en día, as Festas de Pascua continúan a ser un todo un referente que congrega a milleiros de persoas chegadas de toda Galicia. Atraccións, espectáculos, actividades culturais ou competicións deportivas súmanse á vertente relixiosa e tamén á tradicional das feiras de gando e agrícola para agradar a públicos moi diversos e de todas as idades.

 

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…