-->

As rúas Real e Tafona acollen ata o 10 de decembro a exposición “Matemáticas para un mundo mellor”

As rúas Real e Tafona de Padrón acollen ata o vindeiro 10 de decembro a exposición “Matemáticas para un mundo mellor”, que foi inaugurada o pasado venres pola concelleira de Cultura, Lorena Couso Dopazo; a decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, María Elena Vázquez Cendón; e María Cristina Vilas Taboada, matemática padronesa colaboradora da Rede de divulgación matemática (DIMA).

"Matemáticas para un mundo mellor" é unha exposición temporal que poderá visitarse nas rúas Real e Tahona. O seu obxectivo é resaltar a presenza das matemáticas no noso mundo e comprender o que achegou a matemática á mellora da sociedade. Unha mostra que consta de dez núcleos temáticos que abranguen a relación das matemáticas cos campos máis dispares: a arte, a beleza, as cidades, os xogos, a loxística... e mesmo as matemáticas contra á Covid.

A mostra forma parte do proxecto "Marzo, mes das matemáticas", levado a cabo por DIMA en colaboración coa FECYT, e está dirixida a todo tipo de público, contando con contidos nun formato ameno que invitan ao espectador a formularse preguntas e curiosidades ao longo de toda a exposición. Aqueles máis curiosos poden ampliar a información a través de códigos QR.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…