O Concello de Padrón, a través do seu departamento de Cultura, deseñou un programa de actividades virtuais a través de Facebook para celebrar durante o mes de maio 'O Mes das Letras 2020', coincidindo co día das letras galegas no 17 de maio -malia que a causa da pandemia da COVID-19 este ano aprazouse a súa celebración-. A primeira das actividades organizadas polo goberno local é o concerto a Dúo de Mamá Cabra, un grupo galego de música infantil, que cos seus ritmos conquista a nenos e nenas e tamén a maiores.
A segunda actividade do programa está prevista para o 17 de maio, cando estará dispoñible a través das novas tecnoloxías da información o espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos de Atenea García "Sal sopa figueira". E como broche final o espectáculo de narración de Pablo Sánchez, "Os contos de Pablísimo" estará dispoñible a partir do venres 22 de maio.
Todas estas actividades plantexanse para o público familiar.